O nacemento da Asociación Alvaro das Casas

(Esto foi o día 7-2-2003):

En Exposende, no Pazo dos Ulloa, mesmo o pé do pequeno regato que separa os concellos de Ribadavia e Cenlle, a carón dunha lareira que garda na ialma das suas pedras moitas historias de séculos pasados, .... está a galegidade de parto, dando a luz unha meniña que se vai chamar "ASOCIACION ALVARO DAS CASAS".

DON ALVARO viviu nesa casa, e quentouse moitas tardes de inverno nesa lareira, .... E o espíritu de DON ALVARO está inspirando este parto.

A Asociación que nace quere recuperar a figura de DON ALVARO, e quere promover o teatro e as artes escénicas, a educación no respeto e no amor ó medio ambiente, e o fomento do amor a Galicia entre a mocidade; todo elo tal como fixo no seu día o noso precursor, o galego DON ALVARO.

Agardamos que o parto non sexa moi doloroso, e que a meniña veña con ben, e que veña ó mundo fermosa, forte, e chea de enerxía nova. E que teña unha longa e fecunda vida que redunde en beneficio do Ribeiro e do Arenteiro, de Galicia, e dos que en Galicia vivimos.

Dende eiquí desexámoslle un gran futuro a esta nena galega que está nacendo e que se vai chamar ASOCIACION ALVARO DAS CASAS.

Juan. 07.02.2003

Un día, nun lugar, houbo unha xuntanza: Esposende, 7-II-03.

 

 

 

O "bautizo solemne" da Asociación Alvaro das Casas

(Esto foi o día 8-3-2003):

 

CONSTITUCIÓN DA ASOCIACION ALVARO DAS CASAS

       O sábado, día 8 de marzo de 2003, ás 13:00 tuvo lugar no pazo dos Ulloa de Esposende, sito no Concello de Ribadavia, o acto de constitución solemne da Asociación Alvaro das Casas. Esta asociación pretende recuperar a figura do galego Alvaro das Casas e promover accións en defensa do Medio Ambiente e da Natureza, do Teatro galego e das artes escénicas en xeral, da mocidade, e a prol de outras cousas que tamén defendeu o Sr. Alvaro.

O acto deu comezo ás 13:00 coa descuberta dunha placa na fachada do pazo. Acto seguido, na adega do pazo, Carmen foi presentando as intervencións de diversas persoas que falaron de Don Alvaro, das suas ideas e obras, e da súa galeguidade: -Xosé González -Avelino Muleiro - Modesto Hermida como representante do PEN Club -Xosé Reza- .... e outros moitos. Rematou o acto a intervención de Don José Luis Baltar Pumar, Presidente da Deputación de Ourense. A música púxoa, moi ben posta por certo, a Coral do Casino do Carballiño. Despois, unha vez rematado o acto, degustamos un bó viño no propio Pazo.

Despois xantamos, respirando galeguidade nunha tarde moi fermosa de sol, luz e ledicia por dentro e por fóra.

Os tres Presidentes: Xosé González (Presidente da Fundación Premios da Crítica), Avelino Muleiro (Presidente da Asociación Alvaro das Casas), e José Luis Baltar (Presidente da Deputación de Ourense).... ¡que presidan ben!!!...

Placa descuberta o 8-3-2003 no Pazo dos Ulloa de Esposende onde morou Don Alvaro das Casas

O ceo azul da galeguidade

Algúns dos asistentes ó acto do 8-3-2003

Algúns galegos ilustres

Música por dentro e por fóra .... xantar e ledicia, .... un bó camiño para facer unha Galicia millor.

 

A "infancia feliz" da Asociación Alvaro das Casas

Outono do ano 2003

A Asociación Alvaro das Casas está tendo unha infancia felíz. Vai medrando pouco a pouco en corpo e proxectos. Levamos xa unhas cantas reunións no Pazo de Esposende. E cada día que pasa súmase máis xente. Agora mesmo andamos traballando na organización dos dous primeiros Cursos: Un curso sobre o Viño, para aprender cousas sobre esta alma líquida do Ribeiro. E outro curso sobre os temas que preocuparon a Don Alvaro de las Casas: Mocidade, Escea, Galeguismo, Ecoloxía. Este mes de Outubro vai a ser fundamental para a consolidación da Asociación. Estamos traballando con moita fe e moita ilusión. E agardamos que todo redunde en beneficio da Comarca do Ribeiro e das súas xentes.

(Reunión do día 4 de Outubro de 2003, no Pazo de Esposende)