TARDE DE CINE EN ALLARIZ

O 17 de outubro de 2003, dentro do curso sobre ALVARO DAS CASAS E OS SEUS TEMAS, pasamos unha tarde de cine en Allariz.

Primeiro proxectouse a película "A LINGOA DAS BOLBORETAS", coa que disfrutamos, sufrimos, choramos e vivimos intensamente.

(Marcelino Nuñez, un bó amigo, regaloume esta foto con este comentario: "Esta especie que podes ver na foto chamase chupaleite (Iphiclides podarilus).Penso que é a mesma que un naturalista,socio de Ridimoas,criou para a película "A língoa das bolboretas".")

E logo houbo unha mesa redonda, coa presencia de Miguel Anxo Fernandez, Uxía Blanco e José Luis Cuerda. Foi realmente fermoso escoitar a estas tres persoas: director, actriz e crítico.

Miguel Anxo é un pozo de sabiduría, que sabe moito do mundo do cine, e que fala con unha claridade impresionante. É un home que ten moito que decir, e que o dice moi ben. Unha peza clave e fundamental no desenvolvemento do cine en Galicia. Foi moito o que aprendemos escoitando as súas palabras.

José Luis Cuerda non necesita presentación. É un magnifico guionista, director e productor de cine. Ademáis é unha persoa moi vencellada a Galicia, pois pasa por aquí longas tempadas, e reflexa moi ben no seu cine a alma galega. Coñece Galicia millor que moitos de nós. É un enamorado de Galicia, un home ó que lle gusta a Galicia interior, da que dixo: “A min da Galicia interior o que mais me gusta é a cantidade de recantos que ten”.

Ademáis, José Luis Cuerda, é moi ameno falando: enseña e divirte ó mesmo tempo. Escoitalo é un verdadeiro pracer.

E, por enriba de todo é un home honrado, un home sincero, un home bó. Unha pesoa que fala, que escoita, e que inspira paz. Un home que fala despacio. Unha persoa ó lado da cal ún se sinte ben.

E Uxía Blanco é unha estupenda actriz, que foi a protagonista de SEMPRE XONXA (a primeira producción cinematográfica íntegramente galega), e que por iso o seu nome quedará para sempre unido ó nacemento do cine galego. Ademáis fala de cine (en ámbolos dous sentidos). Ou DeZine, se vos gusta mais.

E, ademáis, Uxía é unha traballadora, que pensa que o traballo do actor é como o dun atleta: ámbolos dous se teñen que preparar en silencio e soidade moito tempo, para lograr despois unha marca ou unha interpretación que se fai en moi poucos minutos.

Ademáis Uxía é tamén unha fonte de simpatía, que inspira cercanía e confianza nada mais coñecela. Unha persoa alegre, agradable e cercana, coa que ún espontánea e naturalmente se sinte ben.

Uxía é unha xoia máxica que brila de cine no ceo de Galicia. É unha fonte de luz, é unha estrela de ouro que coa súa soia presencia cambia a cor da vida e das cousas e convirte a terra prosaica nun ceo de cine.

Uxía Blanco Iglesias é unha gran galega, que fai que Galicia sexa mais fermosa, e que espalla a fermosura de Galicia polo mundo enteiro.

Os tres faláronnos de cine do cine, dende moitos puntos de vista. Ensináronnos moitas cousas. E, sobre todo, fixéronnos felices.

José Luis, Uxía, Miguel Anxo, gracias por existir e por ser como sodes.

Porque estuvemos ben, porque aprendemos moitas cousas, porque fomos felices, porque .... por todo eso e moito máis podemos decir con certeza que foi unha tarde de cine.

Escoitando atentamente unha intervención dun asistente ó curso.

Para ver algunhas fotos pincha aquí:

A noticia saiu así en LA VOZ DE GALICIA do día 18-10-2003

 

 

Inicio