Falamos unha lingua milenaria

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda Galicia. Non hai lugar ningún do que se poida dicir Aquí ninguén fala o galego: nas aldeas, vilas ou cidades; entre labregos, mariñeiros, obreiros ou universitarios, sempre hai alguén que fala o galego. Mesmo se alguén vén de fóra vivir entre nós, axiña ten que procurar entender, porque, endenón, perdería moitas conversas e, anque participe nelas falando o castelán, moitas serán espontaneamente bilingües. En Galicia hai parladoiros bilingües mesmo na radio. O galego é imprescindible, polo menos, no nivel de comprensión.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda Galicia con transparencia. Dende Fisterra ó Couto Mixto, dende Camposancos a Ribadeo a lingua galega é unha e transparente. Se alguén lle chama padrín ó padriño sabemos que é de contra A Fonsagrada; se alguén di muto por moito sabemos que é de contra A Gudiña; se alguén fala dos persebes sabemos que é da costa Atlántica. Pero non hai falas opacas: todos nos entendemos. E mesmo nos entendemos nesta lingua con xente que vive fóra de Galicia na parte occidental de Asturias, León, Zamora e unha parte de Extremadura. O galego sobarda as fronteiras políticas de Galicia.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, está estendida por toda a sociedade galega. Falámola xente de tódolos oficios, de tódalas ideas políticas, de tódalas idades, de máis ou menos posibles. A lingua galega non é o símbolo identificador dun gremio profesional, como é o barallete; ou dun sector social como é o cheli en castelán. Cando falámo-lo galego non nos estamos identificando como membros dun partido ou dun grupo social. A lingua galega non ten color política porque é de todos. E por eso é lingua, non unha simple xerga.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, fálana entre eles nos lugares más recuados do Planeta centos de milleiros de emigrantes e en tódolos mares do mundo os nosos mariñeiros. Neses casos a lingua ten unha carga emocional e identificadora moito máis forte aínda. E a eles chégalles hoxe a lingua as vintecatro horas do día en forma de libros, de radio ou de TV. Dalgunha maneira xa falamos unha lingua mundial.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é un identificador social máis asentado cás nosas institucións políticas, máis cás nosas marcas comerciais, máis cós nosos equipos deportivos, máis cá Universidade de Santiago, máis có Pórtico da Gloria. Hai galegos que falan a cotío castelán, e son plenamente galegos, pero o galego abrangue máis xente, máis terra e máis historia e por iso é o elemento máis representativo e radical da galeguidade.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa viviu épocas de esplendor, de persecución e de recuperación. Na Idade Media foi a lingua dos poetas de toda a Península Ibérica, incluído un rei de Toledo. Pero despois o poder decidiu sumerxila case cinco séculos e, aínda así, a lingua non afogou: soubo nadar de sulago todo ese tempo e xurdiu á luz pública cunha alentada poderosa. A capacidade de resistencia da lingua galega asolagada é un dos capítulos máis emocionantes da nosa historia.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa tivo tempo de crear parentes. O irmán portugués xa é distinto do galego, maiormente pola súa historia. O galego é a lingua que nos identifica como galegos ós que o falamos, en calquera parte do mundo que esteamos (mesmo en Portugal) e segue sendo o identificador da comunidade orixinal. O portugués, en cambio, é hoxe unha lingua internacional, por obra dunha política imperialista semellante á do español, o inglés ou o francés. Nós nin bendicimos esa política (humillante para tantos pobos) nin cobizamos os seus froitos, porque nun mundo ecolóxico hai sitio para as linguas grandes e para as pequenas. O portugués, aínda que máis ou menos o comprendamos, é outra cousa. Mesmo afectivamente é outra cousa para nós. Para nós é honra abonda sermos galegos.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, xa foi vehículo de case tódalas especialidades científicas. E non habemos tardar en ter traductores automáticos bidireccionais entre galego, castelán e inglés, de xeito que a necesidade de usarmos linguas internacionais quede reducida á súa xusta dimensión. Que ninguén perda tempo en convencernos de que hai linguas útiles. Ó galego chégalle con se-la nosa para seguilo sendo a tódolos efectos. O futuro vaille abrir aínda máis portas.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é un código de comunicación no que non se pode tecer individualmente. Os experimentos lusistas non se sabe, de certo, a onde conducen e xa levan feito moito mal. Queremos que os portugueses se comuniquen connosco, mesmo comercialmente, en portugués. Querémonos comunicar con eles, mesmo comercialmente, en galego. Máis aló non queremos ir. Nós somos nós e, en galego, estamos abertos ó mundo: así viaxan xa algúns dos nosos máis requintados productos. Os nosos devanceiros crearon unha institución arbitral para decidi-la autenticidade do noso código lingüístico: a Real Academia Galega. Nós seguirémo-la doutrina normativa e arbitral da nosa Academia, porque é a oficial e porque na circulación non pode haber simultaneamente varios códigos sen que se produzan situacións catastróficas.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, viu o seu territorio natural ocupado tamén por outra lingua que hoxe lle disputa a maior parte dos medios de comunicación, dos altares, das aulas, dos tribunais e das notarías. Esta ocupación fíxose nos séculos que sumerxeron con certa violencia a lingua galega. Como galegos e como demócratas seguimos sendo hospitalarios e, polo tanto, non nos tentan o separatismo, a xenofobia nin o racismo. Pero, como cidadáns, aspiramos a que a lingua galega, por se-la lingua que naceu aquí, por se-la lingua máis estendida en territorio e en falantes, recupere en Galicia o papel preponderante que a tódolos niveis lle corresponde sobre a lingua oficial do Estado e sobre as linguas que están traendo os inmigrantes. E, como responsables políticos ou membros de Asociacións Cívicas, loitaremos por conseguilo dentro do marco lexislativo vixente esgotando tódalas súas posibilidades.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, viva e palpitante, vencerá a prevaricación dalgúns funcionarios, o desinterese dalgúns medios de comunicación, a contradicción teolóxica dalgúns sacerdotes, a indiferencia dalgunhas empresas. Vencerá a desigualdade que ante a lei aínda padece. Vencerá mesmo a apatía dalgúns pais que non llela transmiten ós fillos e a daqueles fillos que aínda non a falan cos compañeiros. Día virá en que os netos lles reclamen a algúns avós o tempo que están perdendo parvamente.

Falamos unha lingua milenaria. E, por ser milenaria, é realmente unha lingua forte, aínda que en sectores ou por momentos pareza feble. O galego xa viviu épocas ben máis difíciles. E por iso sobrevivirá e medrará. Este é o noso compromiso: o compromiso de cantos asinamos esta declaración a título persoal ou colectivo.


Para sumarse a esta declaracion fai ckick aquí, no asunto pon "lingua" e no corpo do mensaxe pon o teu nome 

 

 

 

PRIMEIRAS ENTIDADES E PERSOAS QUE SE ADHIREN A ESTA DECLARACIÓN

 

 

ASOCIACIÓNS E ENTIDADES CULTURAIS

1 Fundación Premios da Crítica Galicia. 2 Asociación de Amigos do Couto Mixto. 3 Fundación Ramón Otero Pedrayo. 4 Patronato Rosalía de Castro.  5 Instituto de Estudios Carballiñeses.  6 Confederación Galega de Asociación de Veciños. 7 Fundación Lois Peña Novo. 8 Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia. 9 Asociación Unión Galeguista 10  Foro Rande 2002 (engloba a máis de sesenta colectivos veciñais e culturais dos concellos da Ría de Vigo). 11 Ir Indo, Edicións. 12 3C3 Editores. 13 Profesores do Colexio Público “Vicente Risco”, de Vigo. 14 Grupo Arqueolóxico Marcelo Macías de Ourense. 15 Colexio de Avogados de Vigo.  16 Grupo Aletheia de Filosofía. 17 Liceo de Ourense. 18.Abano Editores

ASINANTES A TÍTULO PERSOAL

        

          1.          Avelino Abuín de Tembra (Escritor)

          2.          Xesús Alonso Montero (Catedrático e Académico da RAG).

          3.          Xosé Ramón Alonso Priegue (Estudiante)

          4.          Daniela Alonso Verta (Estudiante).

          5.          Verónica Álvarez de los Bueis (Estudiante).

          6.          Alfonso Álvarez Gándara (Decano do Colexio Avogados de Vigo).

          7.          Laura Álvarez Gómez (Estudiante).

          8.          Paula Álvarez Penela (Estudiante).

          9.          María Luísa Álvarez Santamarina (Licenciada en filoloxía francesa).

         10.        Gonzalo Amoedo López (Policía local).

         11.        Marisa Andrade Pérez (Profesor de galego).

         12.        Miguel Aramburu García-Pintos (Xuíz do Xulgado de Redondela).

         13.        Xosé Araujo (Secretario do Colexio de Avogados de Vigo).

         14.        Miguel A. Araúxo Iglesias (Bispo Emérito de Mondoñedo-Ferrol e Académico da RAG).

         15.        Mónika Araújo Guillán (Estudiante).

         16.        Daniel Ares Enjamio (Catedrático de Grego)

         17.        Xosé Arias (Compositor).

         18.        Yolanda Arias Ceide (Estudiante).

         19.        Daniel Arias Penas (Estudiante).

         20.        Elisa Arias Trigo (Directora do Conservatorio de Música de Redondela).

         21.        Ismael Babarro Iglesias (Estudiante).

         22.        Gonzalo Balo Mosquera (Dirixente veciñal).

         23.        Xosé Bangueses García (Empresario)

         24.        Ramón Barral Andrade (economista)

         25.        Xosé Xoán Barreiro Prado (Maxistrado).

         26.        Carlos Barros Guimeráns (profesor U. De Santiago)

         27.        María Xesús Bello Rivas (Investigadora)

         28.        Xusto Beramendi González (Catedrático U. De Santiago)

         29.        Xosé Luís Blanco Campaña (Xornalista).

         30.        Paula Blanco Vázquez (Estudiante).

         31.        Pilar Buceta Santos (mestre)

         32.        Carlos Hugo Castelain Poceiro (Estudiante).

         33.        Manuel Bragado (Director de Edicións Xerais de Galicia).

         34.        Xosé Cabaleiro González (Secretario comarcal CIG-Administración Pública).

         35.        Francisco de Castro González

         36.        Ramón Castromil Ventureira (Vicepresidente do Consello da Cultura Galega).

         37.        Basilio Cegarra Martínez (Profesor de historia).

         38.        Xosé M. Cid Fernández (Decano da Facultade Humanidades de Ourense).

         39.        Circulo Cultural Saviñao

         40.        Alfredo Conde Cid (Escritor).

         41.        María Pilar Conde Rodriguez (Empregada)

         42.        Henrique Costas González (Filólogo (Profesor da Universidade de Vigo).

         43.        Xosé Luís Couceiro Pérez (Profesor da Universidade de Santiago)

         44.        Andrés Couñago Laxe (Dirixente veciñal).

         45.        Xosé Couñago Rivera (Profesor de lingua galega).

         46.        Hugo Curto Saavedra (Estudiante).

         47.        Eladia Diéguez Vázquez (Profesora ensino secundario).

         48.        Xosé María Dobarro Paz (Catedrático da Univ. da Coruña).

         49.        Evencio Domínguez Lorenzo (Párroco de Cexo)

         50.        Antonio Durán “Morris” (Actor).

         51.        Xosé Enríquez Martínez (Comercial).

         52.        Xosé de Enriquez e Vidal (escritor)

         53.        Xerardo Estévez Fernandez (Arquitecto).

         54.        Emilio Estévez Rodríguez (Catedrático de matemáticas).

         55.        Laura Estévez Vidal, estudiante.

         56.        Francisco Fariña Busto (Arqueólogo).

         57.        Antón Fernández Álvarez (Vicerrector da Universidade de Vigo).

         58.        María Xesús Fernández Lopo (Profesora de galego).

         59.        Paz Fernández Pereiro (Mestra)

         60.        Amada Fernández Piñeiro (Profesora de francés).

         61.        Benito Fernández Rodriguez (Párroco de Crespos)

         62.        Serafín Fernández Rodriguez (Párroco de Carballeda de Avia)

         63.        Víctor Ferreira Montero (Empresario).

         64.        Martiño Ferro Fernández (Técnico de Imaxe).

         65.        Minia Ferro Fernández (Estudiante);

         66.        Xesús Ferro Ruibal (Investigador e Académic o da RAG).

         67.        Xoán Fonseca Moretón (Secretario de Administración Local).

         68.        Xosé María Fonseca Moretón (empresario)

         69.        Guillermo Fontán Feixóo (Dirixente sindical).

         70.        Manuel Forcadela (Escritor)

         71.        Víctor Frade Fernández (Estudiante).

         72.        Xosé L. Franco Grande (Escritor e Académic o da RAG).

         73.        Xosé Antonio Gaiteiro Barreiro (Enxeñeiro de Montes)

         74.        Olga Gallego Domínguez (Arquiveira e Académic a da RAG).

         75.        Emilio Ricardo García Bonome (Profesor de filosofía)

         76.        Xermán García Cancela (Filólogo).

         77.        Constantino García González (Catedrático Emérito da Universidade de Santiago e Académic o da RAG).

         78.        Luís García Mañá (Escritor e Comisario Xefe Provincial de Policía de Ourense)

         79.        Xosé María García Palmeiro (Decano Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia)

         80.        Iago García Pascual (Universitario)

         81.        Lorena García Pascual (Universitaria)

         82.        Fernando García Pazos (Funcionario).

         83.        Xosé A. García Rodriguez (Bibliotecario).

         84.        Waldo García Romero (Abade de Trasmañó e Cedeira).

         85.        Roberto Gil Moure (Policía local).

         86.        Xosé Ramón González Alonso (Párroco de Naceda)

         87.        Ramón Gómez Crespo ( Responsable Proxecto Home para Galicia)

         88.        Pedro Gómez Valades.

         89.        Josefina González (Psicóloga)

         90.        Antía González Álvarez (Estudiante).

         91.        Rosa González Bordallo (Bibliotecaria).

         92.        Saula González Domínguez (Estudiante).

         93.        María Pilar González Fernández (Investigadora)

         94.        Pablo González Fernández (Empregado de banca)

         95.        Manuel González González (Catedrático da Univ. de Santiago e Académic o da RAG).

         96.        Xosé González Martínez (Funcionario da Administración local).

         97.        Xesús Pablo González Moreira (Director X.de Política Lingüística)

         98.        Clodio González Pérez (Etnógrafo e profesor).

         99.        Luís González Tosar (Escritor (presidente do PEN CLUB).

       100.       Miguel A. González Trigás (Decano do Colexio de Avogados de Ourense).

       101.       Victorino Gutierrez Aller (Notario).

       102.       Ursula Heinze (Escritora).

       103.       Modesto Hermida Garcia (Inspector de Ensino).

       104.       José Luís Hernández Romero (Profesor de IES).

       105.       Xaime Isla Couto (Presidente do Consello de Administración da Editorial Galaxia e Académic o da RAG).

       106.       Robert Jablonski (Contable e coordinador da Asociación Alén Nós)

       107.       Pilar Jeremias Cela (emigrante retornada)

       108.       Xosé R. Jorge Janeiro (Párroco de de Solveira da Limia)

       109.       Uxío Labarta (Biólogo).

       110.       Bieito Ledo Cabido (Editor).

       111.       Xoán Carlos Horro González (Fiscal da Audiencia Provincial de Pontevedra).

       112.       Álvaro Lago (escritor)

       113.       Xosé Lamela Bautista (escritor)

       114.       Xosé Amancio Liñares Giraut (historiador).

       115.       Rubén López (ensinante)

       116.       Xesús López Fernández (Investigador).

       117.       Álvaro Xosé López Mira (Profesor da Universidade de Vigo).

       118.       Marta López Vieitez (Estudiante).

       119.       Ramón Lorenzo Vázquez (Catedrático e Académico da RAG).

       120.       Mago Antón (ilusionista)

       121.       Manuel Mandianes Castro (Antropólogo do CSIC).

       122.       Manuel Mariño Castro (Comisario-Xefe de Policía de Vigo-Redondela)

       123.       Xosé A Maroño Mañá (Catedrático de física-química, IES “Antonio Fraguas”).

       124.       Carlos Martínez Alonso (Sociólogo).

       125.       Silvia Martínez Alonso (Estudiante).

       126.       Irene Martínez Crespo (Estudiante).

       127.       Xurxo Martínez Gómez (Mestre)

       128.       María Martínez Mon (Ama de casa)

       129.       Xosé Martínez-Romero Gandos (Psicólogo)

       130.       Rosario Martínez Rodriguez (Profesora de IES).

       131.       Luz Méndez (Asesora Lingüística da TVG).

       132.       Iago Méndez Conde (Licenciado en publicidade e Relacs.Públicas)

       133.       Enrique Méndez Gil (Empregado editorial)

       134.       Bárbara Millos Limés (Estudiante).

       135.       Yolanda Moldes Lorenzo (Profesora de lingua inglesa)

       136.       Lurdes Mondelo Vázquez (Mestra).

       137.       Xoaquín Monteagudo Romero (Secretario de Administración Local).

       138.       Benito Montero Prego (Fiscal Audiencia Provincial Pontevedra).

       139.       Enrique Mora Morandeira (Comisario Xefe de Policía Provincial de Pontevedra)

       140.       Marta Moure Poncela (Estudiante).

       141.       Miguel Anxo Murado García (Investigador)

       142.       Gonzalo Navaza Blanco (Filólogo e escritor).

       143.       Xosé Neira Vilas (Escritor e Académico da RAG).

       144.       Benigno Nerga Piñeiro (Profesor de latín).

       145.       María Xesús Nieto Baltar (Funcionaria).

       146.       Paula Nieto González

       147.       Carlos Núñez Pombo (Profesor).

       148.       Rafael Ojea Pérez (Xefe do Servicio do Patrimonio Histórico Concello de Vigo).

       149.       Mercedes Oliveira Malvar (Profesora de filosofía)

       150.       María Teresa Osorio Núñez (Profesora de matemáticas).

       151.       María Nieves de Paula Pombar (Profesora Universidade de Vigo)

       152.       Emma Palacios Rodriguez (Funcionaria).

       153.       Xosé A. Palacios Sánchez (Filólogo e Profesor da Univ. de Vigo).

       154.       Carmen Panero Menor (Profesora de lingua).

       155.       Noela Pardo Méndez (Estudiante).

       156.       Cristina Pérez González (Estudiante).

       157.       Xosé Pérez González (Párroco de Bande)

       158.       Sara Pérez Moleiro (Estudiante).

       159.       Laudelino Pellitero (analista político)

       160.       Manuel Pérez González (Párroco do cárcere de Pereiro de Aguiar)

       161.       Xosé Luís Pérez Pérez (Profesor).

       162.       Carmen Pérez Vaquero (Funcionaria).

       163.       Xosé María Pin Millares (Profesor).

       164.       Antón Piñeiro Feijóo (Funcionario).

       165.       Antón Piñeiro Lorenzo (Profesor de galego).

       166.       Carmen María Pombo Martínez (Estudiante).

       167.       Xosé A.Pombo Mosquera (Profesor de lingua galega)

       168.       Roberto Prego Fontán (Autónomo do comercio)

       169.       Antonio Puentes Chao (Filólogo).

       170.       Antón Pulido Novoa (Pintor).

       171.       Xavier Queipo (Biólogo e escritor)

       172.       Xesús Rábade Paredes (Escritor).

       173.       Xosé Benito Reza (Enxeñeiro de Montes).

       174.       Cristal Reza Cardero (Universitaria).

       175.       Bernardo B. Rodriguez (Estudiante).

       176.       Xosé Manuel Rodríguez-Abella (Xefe do Departamento de Educación do Concello de Santiago de Compostela).

       177.       Xosé Rodriguez Cruz (Etnógrafo).

       178.       Antonio Rodriguez Rivas ( Enxeñeiro de Montes)

       179.       José Rodriguez Ubeira (Profesor de relixión).

       180.       Blanca Roig Rechou (Profesora da Universidade de Santiago de Compostela).

       181.       Xulio Ríos Paredes (Director do Instituto Galego de Documentación e Información).

       182.       Enrique Sampil Sánchez (Director IES A Pinguela, de Monforte de Lemos)

       183.       Xosé Sánchez (Dirixente veciñal).

       184.       Xoán Sánchez Carro (Enfermeiro)

       185.       Alejandro Sánchez de Dios (Enxeñeiro agrónomo)

       186.       Guillermo Sánchez González (Comisario na Comisaría de Policía Vigo-Redondela).

       187.       Xosé Sánchez Puga (Funcionario)

       188.       Máximo Salinas Valencia (Catedrático da Universidade de Santiago (Campus de Lugo)).

       189.       Iago Santos Castroviejo (Profesor Universidade de Vigo).

       190.       Victoria Sinde Neira (Profesora de matemáticas).

       191.       Xosé Carlos Sierra Rodriguez (Director Museo Etonográfico de Ribadavia)

       192.       Agustín Sixto Seco (Médico).

       193.       Alberto Soneira Veiga (Profesor ciencias naturais).

       194.       Félix Soria (Xornalista)

       195.       Miriam Soto Palacio (Licenciada en historia).

       196.       Xabier Suárez-Vence Santiso (Empresario)

       197.       Xesús Taboada Cid (Rexistrador da Propiedade de Ourense).

       198.       Carolina Taboada Cid (Funcionaria)

       199.       Elvira Taboada Cid (Mestra)

       200.       Maria Remedios Teixeiro Guerreiro (Funcionaria).

       201.       Natalia Torres Fernández ( estudiante)

       202.       Uquicebra (Deseñadora)

       203.       Carlos Varela García (Fiscal Audiencia Provincial Pontevedra).

       204.       Eduardo Varela Novoa (Funcionario da Comisaria Policía de Vigo-Redondela).

       205.       Ánxos Vázquez Rodríguez (Profesora de galego).

       206.       Marián Vidal Fraile (Bibliotecaria).

       207.       Antía Villar Sánchez (Estudiante).

       208.       Helena Villar Janeiro (Escritora).

       209.       Ramón Villares Paz (Catedrático de Historia Contemporánea)

       210.       Xulio Xiz Ramil (Xornalista).