UN PASEO POR RIDIMOSAS
O 18 de outubro de 2003, dentro do curso sobre ALVARO DAS CASAS E OS SEUS TEMAS, fixemos un fermoso percorrido polo bosque de Ridimoas.
Alí, Don Clodio González Pérez foinos explicando O CALVARIO de Beade, o camiño real que pasa por Ridimoas, "as escolas", ... e outras moitas cousas.
E Don David Rodríguez Barra contounos a Historia de Ridimoas, e as experiencias que alí se foron facenco con diversos animáis.
Mentras que Don Xusto Veloso Moreda foinos explicando as plantas e as árbores de Ridimoas.
Aprendemos a vida dos tritóns, das salamandras, das alondras; das uces, dos toxos, dos carballos, dos piñeiros, dos vidueiros, ... e da cerdeira de racimo (que é a xoia de Ridimoas).
Camiñamos, escoitamos, respiramos aire puro, .... e sentimos latexar neste recuncho esquecido de Galicia o descoñecido "milagro de Ridimoas".
Despois baixamos para a casa da Cultura de Ribadavia, e alí, Xosé Benito Reza ilustrounos con unha conferencia maxistral sobre "A PROTECCION DO PATRIMONIO NATURAL", contándonos a historia da evolución da conciencia mundial, nacional, e galega arredor do tema da protección do medio ambiente, e amosándonos as liñas que hai que seguir no futuro: economizar a exoloxía, ecoloxizar a economía, pacto medioambiental, desemvolvimento sostible, equilibrio natural e socioeconómico no mundo enteiro (xusticia). ¿Cánto vale unha paisaxe?. .... Unha paisaxe fermosa non ten precio!!!!!.
Vonvendo de Ridimoas.
Para ver algunhas fotos pincha aquí: