MANIFESTO DA UNION DE COLLEITEIROS DO RIBEIRO DO AVIA
(U.C.R.A)


Outro ano máis, a desgracia cebouse encol de nós, sempre en proporcións igualmente graves e sempre oscilando entre dos extremos igualmente anguriosos para o colleitador; ou a colleita abundosa que desvaloriza os nosos famosos e mañificos viños facéndoo baixar a precios de fame ou a colleita reducida, insiñificante que non conquire soster precios satisfaitorios, pol-os criminales artiluxios dos xa desgraciadamente clásicos matuteiros, a competencia de viños peores e máis baratos e o acarreo encuberto e cobarde de viños alleos a Galicia. A parte de outras medidas salvadoras, que, en reaición xustísima de defensa, iremos recomendando e impoñendo no noso país, coidamos que é urxente hoxe máis que nunca comenzar unha política constante, seguida sen acougo e sostida con fé e con entusiasmo cada vegada máis grande.

1º.Todos cantos vivimos no Ribeiro debemos convencernos desta grande verdade: do valor do viño depende todo o noso benestar. Cando o viño se vende a precios capaces a compensar os nosos gastos, traballos e contribucións e o mínimo de ganancias a que o noso esforzo danos dereito, o abogado olla recompensados os seus traballos, ao médico se lle pagan os seus desvelos, o comerciante cobra puntualmente as súas vendas, o industrial ten tarefas remuneradas, o obreiro máis obra en que empregar os seus traballos, a terra aumenta de valor e todos,en fin, os que viven nesta comarca privilexiada gozan tanto e máis que o colleitador, dos tempos desafogados polas colleitas felices.De ahí que todos, o rico e o probe, o comerciante e o agricultor, o industrial e o letrado, todos, deben interesarse en defender os nosos viños e procurarlles mercadores e consumidores.

2º. Endexamais, amigos, menospreciedes o viño dos nosos veciños. A fama do Ribeiro non se debe a unha bodega nin siquera a unha parroquia determiñada, sinon a toda a nosa eispréndida conca do Avia, o teu viño; compañeiro, endexamais valerá máis porque ti digas que o resto das bodegas do lugar teñen viño malo ou peor que o teu; o teu viño valerá máis, polo contrario, cando digas que tódol-os da túa parroquia son mañificos; cando digas e sosteñas que o peor dos nosos viños é moito millor que o viño de calquera outra parte falando así, ademais, terás razón. Cada un de nós convírtase nun propagandista incansabel, non do seu viño nin da súa bodega, sinón de tódol-os viños e bodegas do Ribeiro.

3º. Tendo os viños, tostado e augardentes máis deliciosos do mundo, constituie para nós a maor vergoña que en terras do Ribeiro se beba nin unha botella de viño castelán, nin un vaso de vermut, nin unha copa de coñac. Consumide sempre o noso viño, o noso tostado e o noso augardente e elo ademáis de supoñer para todos nós utilidade e proveito e unha maor garantía de saúde, siñificarán sempre elegancia, economía e bon gusto.

4º. Por onde vaiades convertídevos en propagandistas incansabeles e fervorosos dos nosos viños. Gabádeos en canto valen e recramádeos sempre na fonda que vos sirva de hospedaxe, no restorán a onde vaiades a xantar, na taberna onde vos vexades citados e no café de que sonde cliendes e se pretenden engañarvos probade o voso orgullo de bons catadores e afeade a súa conducta, vituperade a súa deslealdade e non reparedes en desacreditalos que eles non repararon en desacreditarnos a nós. Pensade ao defender os prodoitos da nosa terra, que estades denfendendo o pan dos nosos veciños, os intreses dos nosos amigos e a groria e a fame do noso país.

5º. Exixide en todol-os cafés, por suntuosos i encopetados que sexan, viño, tostado e augardente do Ribeiro, estimulade o seu consumo. En todol-os cafés do mundo encóntranse podoitos semellantes, dos respeitivos paises. Somentes nas nosas probes cibdades galegas unha ola de nefasta cursilería ten conquerido desterrar os nosos prodoitos para impoñer no seu canto outros extranxeiros peores, máis caros, menos sáns e de consumo menos elegante.

6º. Cando teñamos que facer un regalo regalemos viño, tostado ou augardente do Ribeiro. O regalo será de millor gusto e moito máis económico e servirá de mañifica propaganda para todos.

7º. Millorade a calidade do noso viño canto sexa posibel, reprantando con castes nativas “ferrol e souson e caiño (longo e pazao) para as crases superiores.

Valencia é famosa pol-as súas laranxas, Asturias pol-a súa sidra; Andalucía pol-os seus aceites, Castela pol-o seu trigo, Cataluña pol-os seus tecidos. O ribeiro é famoso polos seus viños dende fai máis de vinte séculos; erang astados como os finos nas mesas dos emperadores románs e por todol-os confíns do Imperio os patricios e os xerarcas os percuraban cobizosos. A aristocracia ingresa bebíaos embelesada no século XVII e os pagaba a precios elevadísisimos e os vellos e máis famosos colleitadores de francia os levaronavaros para dar fama e groria ás súas bodegas que hoxe son as primeiras do mundo. Defendamos esta fama como a millor herencia, salvemos os nosos viños como o millor do noso patrimonio. O viño é para nós groria e pan. Unámonos para a súa defensa e a victoria traeranos,outra vegada, o pan e a groria.

Ribadavia, Xaneiro de 1936

Pol-a Unión de Cosecheiros do Ribeiro de Avia.-álvaro das Casas, presidente; Xesús Sánchez, Segredario