EU NON SEI....    

 

Deus, eu non sei se creo en Tí,

ou se non creo;

pro sei que cando a vida me apreta ...

-necesito que Tú exitas!.

Eu non sei se existe o Absoluto

a moral verdadeira,

a doutrina revedala, ....

-pro sei que o relativo non me enche!,

nin me farta!.

Eu sei que a miña sede

non se mata

con augas diste mundo.

Eu sei que a miña fame

de canción i eternidade

non se quita

con anacos de momentos.

 

Deus, eu non sei nada,

-nin sei escribir xiquera-

pero soño chegar un día

a beixar a túa presencia.

(Neno,060882)