Fotos de Galicia. Rillamillas. Sapoconcho. Ruta de Carballiño a Pazos de Arenteiro.
Juan
12/09/2004


 

aaparque
aaparque.jpg
abparque
abparque.jpg
acparque
acparque.jpg
adparque
adparque.jpg
aeparque
aeparque.jpg
aflousas
aflousas.jpg
aglousas
aglousas.jpg
ahchantada
ahchantada.jpg
aimoldes
aimoldes.jpg
ajparadela
ajparadela.jpg
akpontecastro
akpontecastro.jpg
alcabanelas
alcabanelas.jpg
amcabanelas
amcabanelas.jpg
ancabanelas
ancabanelas.jpg
aopazos
aopazos.jpg
aparenteiro
aparenteiro.jpg
aqpazos
aqpazos.jpg
atpazos
atpazos.jpg
   

 

Doce de Setembro de 2004. Dez da mañán. Día fresco. Un pouco aneboado. ¿Choverá?. Xa veremos. Sapoconcho organiza na bisbarra do Arenteiro unha dura proba ciclista. E para os non ciclistas hai camiñata dende Carballiño a Pazos de Arenteiro.

Na saída estamos máis de cincuenta camiñantes. Darío, Bernardo e Rafa encárganse da organización. Bernardo vai na cabeza. Rafa vai na cola. E Darío está, como sempre, en todas partes. Ubicuidade.

A mañán está fresca. Da gusto camiñar. Saimos do Parque. Piscifactoría. Pena dos Namorados. Muiño das Lousas. Cruzamos o río. Escaleiras de madeira. Senda beira do Arenteiro. Ponte de Godás. Subida por camiño de terra, xiro á dereita, e baixada cara Ponterriza. Ponte. Cruceiro. Xiro á esquerda no medio do pobo. E fermoso sendeiro llaneando entre árbores. Cruce de regato. Pequena subida, e chegada a Moldes. Parada de 5 minutos. Baño ¿?? (a cisterna está estropeada...).

Unha pequena subida, unha baixada pequena, ... e xa estamos en Paradela. Vemos a casa de Don Xosé Luis Cuerda. Abofé que é fermosa. Seguimos, xiramos á dereita, e baixamos buscando a Ponte do Castro, pasando antes por cerca do sitio onde estuvo a central hidráulica da CHEDA (Central HidroElectríca Del Arenteiro). A todos lles gusta o Ponte do Castro.

Un kilómetro de subida suave e chegamos á carretera asfaltada que baixa para Cabanelas. Cruzamos Cabanelas e baixamos para Pazos. Aquí tópase unha das partes máis fermosas do sendeiro, que baixa coqueteando con vellos muros de pedra entre fermosas carballeiras. Chegamos a Pazos. Subimos ó Pozo dos Fumes, escoitando as suaves caricias do ruxir do Arenteiro. Voltamos para Pazos. Eirexa. Pobo. Pedras do Medioevo que gardan milleiros de segredos. Avituallamento. Froita. Zumos. .... Algén pide pan. Algén leva pan. Non falta nada.

E non soio non chove, senón que pouco a pouco vai abrindo o día, e síntense as garimosas caricias do sol.

De cando en vez Darío páranos para darnos as pertinentes explicacións. Fala de paisaxe, de arte, de costumes, de etimoloxía, de historia, de .... de todo. Igual explica un cruceiro, que un río, unha Ponte ou unha Eirexa. ...

Dous autobuses nos traen dende Pazos de Arenteiro a Carballiño. Logo comida no Pote.

Un día realmente fermoso. Temperatura boa para camiñar. Percorrido moi fermoso. Xente agradable. Ambente de ledia.

Os millores deseos para os que organizaron e para todos os que asistiron.

FOTOS DESTA RUTA NO ANO 2003

OUTRO COMENTARIO DA RUTA DE PAZOS DE ARENTEIRO

Fotos de Cabanelas

Fotos de Pazos de Arenteiro

Fotos de Moldes

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador