Fotos do 19-10-2003, un día que choveu ....

Na estación de Autobuses

No muiño do Anxel, ó lado do Muiño das Lousas.

Ese día tiñamos previsto facer a Ruta de Penacorneira. Pero chovía moito e sin parar. Eu pensei que naide se levantaría da cama vendo que chovía daquela maneira. Pero non, seis rillamillas aparecemos na estación de autobuses. Vendo o que chovía decidimos non ir a Pena Corneira. Pero vendo as ganas que tiñamos de caminar decidinos non voltar para as nosas casas. ¿Entón?. Unha ruta corta arredor de Carballiño, para camiñar, mollarnos, e voltar á casa ó cabo de un par de horas para ducharnos e vestirnos con roupa seca. Unha boa solución. Fomos polo Parque, pola Piscifactoría, polo Muiño das Lousas, polo Muiño do Anxel, por Miomás, por Mesego, polo Parque de novo, .... Choveu sin parar. Pero camiñamos uns oito km ben agusto.