Hola Amig@s...

 

CENA DO DIA 27 DE MAIO DE 2016
(había máis xente, pero algúns non estaban no momento da foto)

Cena do DIA 19 DE NOVEMBRO de 2010

 

 

Cena de abril de 2008

25-04-2008

 

CENA: Venres, 23 DE NOVEMBRO 2007. Misa no Seminario Menor ás 20:30 e logo a cena no MESON MANOLO.

23-11-2007

 

11-05-2007

 

24-11-2006

 

28-04-2006


"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos" (GOETHE)

Más frases ...... Proverbios

Fotos vellas dos anos 1970-1977


As cenas da nosa promoción son un venres de maio e o último venres de novembro de cada ano.

O 28 DE ABRIL de 2006 tivemos a cea no mesón do Manolo, coma de costume. Comemos ben, falamos, e logo fomos de pubs. A verdade é que o pasamos moi ben. Estabamos arredor de 25. Veu Don Orlando, o que foi noso profesor de francés. Foto.

CEA de Nadal: 25 DE NOVEMBRO 2005 NO MESON DO MANOLO AS 21:00 HORAS. Fotos

     Venres, día 29-abril-2005, cena no MESON DO MANOLO. 25 persoas. Logo copas e incluso baile. Pasámolo moi ben. Foto

     O DIA 27 DE NOVEMBRO 2004 AS 21.30 H. NO MAIOR TUVEMOS A CEA DE NADAL DO ANO 2004. Asistimos arredor de 20 persoas. Estuvemos moi agusto. Aquí podedes ver algunhas fotos.

 

     4 DE JUNIO DE 2004, 21:00 HORAS, CENA NO SEMINARIO MAIOR DE OURENSE, PARA ANTIGUOS SEMINARISTAS. Coste 30 € por persoa, dos que 10 € serán para enviárllelos ó noso compañeiro misioneiro Adolfo Zon. Como estuvemos arredor de sesenta persoas xuntamos arredor de 600 € para axudar á xente coa que está traballando Zon. Aquí están algunhas fotos (si algún non quere sair e quere que se retire algunha foto que mo diga por email)   

 

 

     O día 20 de marzo de 2004 celebrouse a 2000 aniversario da fundación do Semianrio de Ourense. Houbo misa solenme ás 11:00, con ordenación de dous diáconos (Javier e Jorge). A fermosa eirexa do Seminario Maior estaba ateigada de xente.. Logo comida campestre, baixo unha carpa, no campo de fútbol. Máis de 500 comensales. Empanada, "pulpo", carne ó caldeiro, viño e postre. Estaba todo exquisito. E o ambiente foi fenomenal. Un día de lembranza, de ledicia e de esperanza. Aquí desemboca o pasado. Aquí empeza o futuro. Ogallá que aquí se asenten os cementos dunha Asociación que nos poña en contacto enriquecedor a gran parte dos que fomos seminaristas ... e seguimos levando o que alí aprendemos dentro da alma, no cerne e no eixe do noso ser. Hai algunhas fotos aquí

 

Os doce na cea do día 30 de maio de 2003

Pincha na foto para ver mais fotos

     CENAS DE ANTIGUOS SEMINARISTAS: O día 30-5-2003 houbo unha cea dos antiguos seminaristas, que entramos no Seminario Menor de Ourense no curso 1971-1972. Fomos doce ceando. A próxima cea contamos con ser catro veces mais. Está prevista para o venres 28 de novembro no PUCHO (en Ourense, frente á Estación de Empalme), ás 21:30.

E aparte desto case que tódolos anos hai ceas de antiguos seminaristas de varios cursos.

Se estás interesado en informarte sobre as ceas mánda un email.


Xa temos páxina web:http://galicias.com/seminario


     Somos moitos os antiguos seminaristas de Ourense que andamos polo mundo adiante.

     Os do noso curso entramos no Seminario de Ourense alá polo ano 1.971. Cando en España mandaba o Xeneral Franco, e na Diócesis de Ourense o Bispo Don Angel Temiño. No Seminario mandaba Don Perfecto.

     Parte de nós viñamos de pequenas aldeas da Provincia de Ourense. Outros viñan de Vilas mais ou menos importantes. E incluso algúns viñan da capital. Pero case que todos procedíamos de familias humildes e traballadoras. Moitos éramos fillos de labregos.

     Aquelo era un internado. O primeiro día moitos de nós choramos con amargura. Algúns porque botábamos de menos a nosa casa, os nosos pais, os nosos irmáns, ... a nosa xente. Outros porque soio sabíamos falar en galego e non entendíamos o novo idioma castelán que nos falaban no Seminario. Outros por .... A verdade é que os primeiros días pasámolo mal.

     Pero pronto nos adaptamos á nosa nova vida. Empezamos a xogar cos outros rapaces (futbol, balonmano, baloncesto, boleibol, frontón, dominó, parchís, a oca, as damas, ....). Había miles de xogos para pasalo ben. Empezamos a estudar. De entrada custaba moito entender aquelas asignaturas. Pero pouco a pouco fómoslle collendo o tranganillo. A verdade é que estudabamos moitas horas.

     Fómonos acostumando a madrugar, a cumprir uns horarios fixos, a facer en cada momento o que tocaba facer. Aprendemos disciplina, traballo, esforzo e sacrificio. Aprendemos a comer frugalmente, pero sin pasar realmente fame. Aprendemos a valorar un garbanzo, unha faba, e un cacho de pan.

     Soio íamos á casa tres veces no ano: vacacións de Nadal, de Semana Santa e de Verán. Algún domingo saíamos de paseo todos xuntos. Algunhas veces íamos de excursión. ...

     Fomos medrando, e fixémonos mozos.

     Pouco a pouco fomos saíndo do Seminario e collendo outras vidas. Cada un seguiu o seu camiño. Soio dous chegaron a ser cregos. Os outros andamos polo mundo adiante, cada un coa sua lida e coa sua teima. E cando miramos atrás, cara aqueles tempos que vivimos no Seminario, lembramos e pensamos moitas cousas. E na lembranza vemos como a maior parte dos recordos son bós. Non coñecíamos outra vida; e probablemente éramos mais felices que a maior parte dos rapaces de hoxe. Tiñamos poucas cousas, pero as que tiñamos eran moi importantes: tiñamos amigos, ganas de xogar, e ganas de vivir.

     Para a maior parte de nos aquela etapa marcou o noso futuro, de tal xeito que a nosa vida non se podería entender sin contar con aqueles anos. Alí, no Seminario, fóronse asentando as nosas raíces, e delas seguímonos alimentando ata o día de hoxe. Eu non sería eu se non houbera pasado alí aqueles anos. O que somos debémosllo en gran parte ó Seminario.

     Eu, personalmente, estou contento de haber estado alí, e doulle de corazón as gracias a tódolos que alí me axudaron a medrar, a formarme como persoa, e a ir metendo na estructura do meu ser unha armazón de valores que me siguen acompañando e que agardo que nunca me deixen.

Benvidos a Seminario


"ENCOL DA AMIZADE" (enviado por Alicia Bello)

 

Caminante, son tus huellas
el camino, y nada mas;
caminante, no hay camino,
se hace camino al andar.
Al andar se hace camino,
y al volver la vista atras
se ve la senda que nunca
se ha de volver a pisar.
Caminante, no hay camino,
sino estelas en la mar.
Antonio Machado


Foro SEMINARIO: "Para xente xoven de espíritu que camiña sempre cara os seus soños, sen medo"

 

Ver o meu libro de Visitas Deixar unha mensaxe no Libro