galicias >> versos (índice)

Galicias.com: una casa para todos


Índice de poesías, cuentos ...
Frases bonitas

A cor viaauria

Hai moitas cores: verde, azul, encarnado... Pero a todas elas temos que engadir agora unha nova: a cor viaauria.

     20 de maio de 2006. Sábado. Dous autobuses cargados de camiñantes de Viaauria saen de Ourense ás 7:30 da mañán, con destino á Costa da Morte, para ir a facer unha andaina cos cinco sentidos dende Ponteceso ó faro da Punta do Roncudo. Polo camiño empeza a chover. Juan, despistado, deixou o paraugas no maleteiro do coche. Pouco antes de Carballo os autobuses paran nun bar de carretera para que os camiñantes podan estirar as pernas e tomar un café.
     Chove. O ceo está cuberto. Despois de tomar un colacao con madalenas, Juan fala coa señora do bar:

- ¿Haberá por aquí algún sitio para mercar un paraugas?. .

- Aquí non. Hai que ir a Carballo.

- Pero non podo ir a Carballo para eso... ¿E vostede non me podería vender un paraugas?. ...

     A señora queda sorprendida. Tarda un pouco en reaccionar. Logo bótase a rir. E di medio para sí mesma:

- Esto é un bar. Aquí non vendemos paraugas...

- Xa. Eso xa o vexo. Pero imos botar todo o día andando e vai chover e voume poñer coma un pito... Calquera tipo de paraugas serviría para sacarme dun apuro...

    Juan míralle á cara á señora. Esta mirada transmite moitas máis cousas que as palabras. Cordialidade. Confianza. Esperanza. Imaxinación.

     E a señora sorrí e responde con cariño:

- Teño un paraugas que merquei onte para min. Ainda o teño sen estrenar. Custoume dez euros. Ten as varillas bastante fortes ... e poderíache servir.

- Pois se mo vende doulle o que me pida, inda que sexan cincuenta euros.

- Véndocho polo mesmo que me custou. Agarda que o vou buscar.

     Ó pouco tempo aparece a señora cun magnífico paraugas e dallo a Juan. Este dalle os dez euros. Trato feito.

     A señora vai saíndo da súa sorpresa. Volve a entrar na parte de atrás do bar e sae con outro paraugas, éste vello e un pouco máis pequeno.

- Toma. Leva este tamén por se lle fai falta a algún outro. Este regálocho.

     Juan acepta. Fanse unha foto xuntos e Juan promete enviarlla por correo. É a hora de volver ós autobuses.

     En Ponteceso empeza a andaina. Sigue chovendo. Juan baixa cos dous paraugas e pronto topa un rapaz que tamén se esqueceu de traer con qué defenderse da choiva. Préstalle o paraugas negro e o rapaz queda encantado.

     Ese día Juan aprendeu, entre outras moitas cousas, que tendo fe é posible mercar un paraugas nun bar.

     En Viaauria saben moito do poder da fe. Saben, por exemplo, que tendo fe se pode conseguir que cento e pico persoas se levanten un sábado antes das sete da mañán para coller un autobús para ir a facer unha andaina.

     En Viaauria saben que facendo as cousas con fe e con amor se lle pode dar á vida de moita xente unha cor diferente, a cor viaauria.

@@@@@@

     Por certo. ¿Vos creedes que existe a cor viaauria?. Gustaríame que lle escribirades a Elena para decirlle cómo é para vos o cor viaauria. Tamén mo podedes dicir a min neste mail a@galicias.com. Veña. Vamos a atopar entre todos as características desa nova cor que entrou nas nosas vidas. E vamos a procurar vivir sempre con un pouco de cor viaauria.

@@@

Fe

"Pide y recibirás.
Busca y encontrarás.
Llama y la puerta se abrirá.
Porque quien pide recibe; quien busca encuentra; y a quien llama se le abre la puerta"
. (Jesús de nazaret, Mateo 7, 7-8)

Los Apóstoles dijeron al Señor: "Auméntanos la fe".
El respondió: "Si tuvierais fe del tamaño de un grano de mostaza, y dijerais a esa morera que está ahí: "Arráncate de raíz y plántate en el mar", ella os obedecería. (San Lucas 17,6)

 

Hola Amig@s...


"Lo que convierte la vida en una bendición no es hacer lo que nos gusta, sino que nos guste lo que hacemos." (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


TOP: Ir al INICIO de esta página

Benvid@, a Galicias.com

MAPA DE LA WEB

 Contador