|
EU
NON SEI.... |
|
Deus, eu non sei se creo en Tí, ou se non creo; pro sei que cando a vida me apreta ... -necesito que Tú exitas!. Eu non sei se existe o Absoluto a moral verdadeira, a doutrina revedala, .... -pro sei que o relativo non me enche!, nin me farta!. Eu sei que a miña sede non se mata con augas diste mundo. Eu sei que a miña fame de canción i eternidade non se quita con anacos de momentos.
Deus, eu non sei nada, -nin sei escribir xiquera- pero soño chegar un día a beixar a túa presencia. |