Tarde de lembranza    

 

Corre un vento fresco

na ialma da tarde.

As farolas, soldados xorobados,

aguantan, tórpemente firmes,

o sol asoballante.

Pasan motos .

Pasan coches.

Todo pasa.

Pasa un autobús

e pasan as lembranzas

voando pola miña cabeza.

Todo pasa.

Nada queda.

E recordo os beixos

dados con sabor a últimos.

Recordo, sí,

recordo a vida i a súa alma;

i afogado nos recordos,

agardo, ..... e soño

o nacer da espranza

en min,

no fondo.

(Neno,150882)

 

 

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador