galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

AVENIDA DA ESTACIÓN

      Estamos falando da estación do tren. A avenida da estación pasa xustamente por diante da estación do tren que hai no Carballiño.

     A estación do Carballiño foi inaugurada o día 1 de xullo do ano 1957, cando se puxo en marcha o tramo Ourense-O Carballiño, dentro da linea de ferrocarril que se estaba contruindo entre Zamora e A Coruña.

     O edificio da estación ten duas plantas. Dentro del hai pinturas de Prego. Diante topamos unha ampla explanada para aparcadoiro.

    Nesta estación paraban ata fai ben pouco non so os trens de cercanías senón tamén os de larga distancia, comunicando a Carballiño non só con Ourense, Santiago e A Coruña, senón tamén con Castela e León, Aragón, País Vasco, Madrid e Cataluña, tanto con trenes diurnos (Talgo e Arco) como nocturnos (Trenhotel).

    Pero veleiquí que veu o progreso e convertiuse -neste caso e en certo xeito- en retroceso. E sucedeu que coa construcción da nova liña do AVE e da posta en funcionamente da mesma... agora os nocos trens pasan zumbando por cerca de Carballiño... pero xa non paran aquí. Agora a nova liña non pasa pola estación do Carballiño. E aquí xa so paran os trens de cercanías que levan ós estudantes a Ourense ou a Santiago, e pouco máis. E que Deus nolos conserve... porque se seguimos progresando moito... pode ser que chegue un día -¡Deus non o queira!- en que a estación quede abandoada e se encha de teasdearaña... como xa lle pasou a outras moitas... Xa digo ¡Deus non o queira! ... pois iso sería unha ruina para esta vila.

     Dende logo, nese caso, teriamoslle que cambiar o nome á nosa rúa e chamarlle algo así como Camiño das Ruinas da Estación Vella... Pero eu confio en que nunca fará falta mudarlle o nome a esta nosa Avenida da Estación...

(O Carballiño, 21-09-2012)

 

Así se conta nas "crónicas do Carballiño" a inauguración a nova liña de ferrocarril: 10-12-2011.- Hoxe inaugurouse a línea de alta velocidade entre Ourense e A Coruña. O novo tren AVANT circulará a partir de mañan pola nova liña e deste xeito o percorrido Santiago-Ourense poderase facer en 38 minutos (en lugar dos 94 minutos que levaba ata o de agora). E o traxecto Ourense-Coruña poderase facer en 68 minutos. De todos modos para O Caraballiño esta é unha noticia "agridulce", pois os novos trens xa non van parar aquí, e os carballiñeses se queremos viaxar neles terémolos que ir a coller a Ourense... Os tren Avant pasarán fungando pola nova liña de ferrocarril que vai por Seoane e xa non pasarán pola Vila do Carballiño nin pola súa estación... O tren Avant ten 282 prazas e pode alcanzar unha velocidade máxima de 250 km/hora...


 

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador