galicias >> instituto de estudios carballiñeses
| INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES |
|||||||
| Conferencias | |||||||
- O día 1 de marzo de 2008: asemblea xeral do IEC.
- O Instituto de Estudios Carballiñeses presentou o primeiro libro do seu novo proxecto de publicacións.
A presentación tivo lugar o día 28-decembro-2007, venres, na casa da cultura do CARBALLIÑO, ás 19:00 horas. Pódese mercar nestas librerías.

Faino co título “Nomes do Ribeiro”, do profesor Frutos Fernández González, membro do Instituto e colaborador habitual na súa revista Ágora de Orcellón. “Nomes do Ribeiro” é unha viaxe pola toponimia maior do Ribeiro e a súa contorna. Nos douscentos noventa e tres artigos que contén o libro analízanse máis de mil nomes de lugar, tratando de atopar o significado de cada un e de enmarcar ese significado dentro da súa realidade xeográfica, histórica ou cultural. O libro é tamén unha invitación a que o lector descubra os grandes tesouros que se atopan agachados nos nosos nomes de lugar. Uns tesouros que, sen dúbida, enriquecerán a todos aqueles que estean interesados na historia e na cultura destas terras. Como apunta Avelino Muleiro no prólogo: “..Neste libro, Frutos aposta por liberar todos os recunchos do Ribeiro da orfandade de soidade en que se atopan, enchéndoos dese aroma que produce nas cousas unha significación ideal...”
*******
XVII XORNADAS DE FILOSOFÍA
“Ecoloxía e bioética”
VIGO, 16, 17, 18 e 19 de
outubro 2007
Salón de actos da Fundación Caixagalicia
Rúa Policarpo Sanz, 21 - VIGO
ORGANIZA:
Grupo ALETHEIA.
PROGRAMA
*******
11 de agosto de 2007: ASEMBLEA XERAL DO IEC e PRESENTACIÓN DO NOVO NÚMERO DA REVISTA ÁGORA DO ORCELLÓN. A partir das 20:00 horas no Casino do Carballiño
O INSTITUTO DE ESTUDIOS
CARBALLIÑESES CON MOTIVO DA PRESENTACIÓN DO Nº 14 DE
ÁGORA DO ORCELLÓN E DA SÚA ASEMBLEA XERAL
ORGANIZA UNHA CONFERENCIA SOBRE
Psicopatoloxía do retorno
a cargo do doutor D. Alexandre García
Caballero
Alexandre García-Caballero
naceu en Vigo en 1972, é especialista en psiquiatría e doutor
en Medicina, cunha tese de doutoramento sobre a adaptación de instrumentos
de avaliación cognitiva para diagnóstico de demencia no medio
rural galego, traballo polo que recibiu o premio extraordinario de doutoramento
da Facultade de Medicina da USC e o premio Cabaleiro-Goás do Colexio
de Médicos de Ourense. Este ano recibiu o premio Ramón Piñeiro
de ensaio polo traballo titulado “Psicopatoloxía do Retorno”,
do que é autor xunto a Ramón Area Carracedo. É autor,
ademais, de numerosos artigos internacionais e nacionais sobre avaliación
cognitiva e outros temas relacionados coa saúde mental e traductor
ó español do libro Trastornos da memoria na práctica
psiquiátrica, traballo dirixido polos profesores John Hodges e Germán
Berrios, cos que fixo unha estadía como residente no Addenbrooke´s
Hospital, en Cambridge. Dende que comezou a súa especialidade hai
dez anos, exerce a súa profesión no Servizo de Psiquiatría
do Complexo Hospitalario de Ourense. Na actualidade é secretario
da Asociación Galega de Saúde Mental e colabora coa Universidade
de Vigo e Santiago na docencia de terceiro ciclo.
Día da conferencia:
11 DE AGOSTO
Lugar: SALÓN DE ACTOS DO CASINO DO CARBALLIÑO.
Hora: 20.00
A ENTRADA É LIBRE E GRATUÍTA PARA O PÚBLICO EN XERAL.
PATROCINAN:
COLABORA :
CASINO RECREATIVO E CULTURAL DO CARBALLIÑO.
*******
CONFERENCIA
XOSÉ A. MARTÍN CURTY
O arquitecto vigués Xosé A. Martín Curty impartiu unha conferencia sobre A historia dos Plans urbanísticos.
O acto tivo lugar o pasado 14 de marzo de 2007 no salón de actos do Casino do Carballiño cunha concorrencia importante de público, entre os que estaban construtores, arquitectos, políticos, funcionarios de diversas institucións, etc.
PATROCINAN:
*******
VII CONCURSO LITERARIO
O Instituto de Estudios Carballiñeses convoca, en colaboración co casino do Carballiño, o VII Concurso literario para xoves escritores galegos.
BASES
* Os traballos presentados poderán estar escritos en prosa ou en verso.
* Os traballos presentados serán inéditos.
* Os traballos premiados quedarán en poder do IEC, quen poderá publicalos se así o considera oportuno.
* A contía dos premios será de 450€
* No caso de que o xurado considere que os traballos presentados non reunen calidade suficiente, os premios poderán quedar desertos.
* A decisión do xurado será inapelable.
* O prazo límite para presentar os traballos remata o día 10 de marzo de 2007.
* O xurado estará composto polo director do IEC, ou persoa do propio IEC na que delegue, polo presidente do Casino do Carballiño e por outras tres persoas, socias do casino ou membros do IEC.
PATROCINAN:
* * * * * * * * *
PRIMEIRAS XORNADAS SOBRE MEDIO AMBIENTE: APOSTA POR UN PLANETA HABITABLE
Días 10 e 11 de novembro do 2006, no Carballiño
XVI
XORNADAS DE FILOSOFÍA
“Conflito
de Civilizacións”
VIGO, 17, 18, 19 e 20 de outubro 2006
Salón de actos da Fundación Caixagalicia
Rúa Policarpo Sanz, 21 - VIGO
Día 10-03-2006: Dentro dos
actos programados co gallo da festa da Mimosa 2006 o I.E.C e o Casino do
Carballiño organizaron un Foro sobre o tema da inmigración.
Cinco estudantes da Universidade de Ourense expuxeron con claridade e valentía
a problemática da inmigración dende o punto de vista xurídico.
E logo seguiu un animado coloquio. Aquí tedes dúas fotos dalgunhas
das persoas que participaron..![]()


25 febreiro 2006: ás 19.30h, en primeira convocatoria, e ás 20h, en segunda convocatoria, no salón de Actos do Casino do Carballiño: Asamblea xeral ordinaria do IEC e Presentación do número 11 da Revista Ágora do Orcellón
Ver programa das Xornadas de Filosofía
Ver organizadores e patrocinadores
Curso de verán en colaboración coa asociación Alvaro das Casas e coa universidade
¡¡¡OFERTA!!!. Existen uns poucos exemplares dos doce primeiros números da revista Ágora do Orcellón, polo que os que queiran facerse con eles poden solicitalos neste email: idecarballino@yahoo.es. Os primeiros que as pidan poderán conseguir as doce revistas ¡por só 3 euros por cada número! (en lugar dos 4 euros que custa normalmente). É unha oportunidade especial para os que queiran coleccionar a revista e non teñan os primeiros números. Irrepetible, pois unha vez que se esgoten xa non haberá forma de conseguir os números atrasados da revista.
HISTORIA
O Instituto de Estudios Carballiñeses foi inscrito no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense o 14 de xuño de 1999. Os seus Estatutos foron elaborados por unha Comisión Xestora, para máis tarde, unha vez recoñecida a asociación, ser aprobados en asemblea polos asociados.
Os fins do Instituto, tal como se di no artigo 2º dos Estatutos, "serán fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas, artes, etc. así como en tódalas manifestacións que se relacionen co Carballiño e coa súa comarca".
O Instituto estructúrase en Seccións. Entre elas está a de Etnografía e Arqueoloxía, Toponimia, Filoloxía, Literatura e Arte, Antropoloxía, Ciencias Xurídicas e Sociais, Economía, Arqitectura e Urbanismo, Turismo e Deportes, Bioloxía e Medio Ambiente, Emigración e Comunicaciones.
Ó frente de cada Sección hai un Presidente encargado de dirixir e coordinar os traballos.
A Xunta de Goberno é o Órgano Executivo do Instituto e está formada por un Director, un Vicedirector, un Secretario, un Vicesecretario, un Tesoureiro, un Vicetesoureiro e varios vocais.
A Xunta de Goberno está formada por:
Director: Avelino Muleiro García
Vicedirector: Xosé Luís García Rodriguez
Secretaria: Ana Isabel Rodriguez Bernárdez
Vicesecretario: Xosé Luis Blanco Nogueira
Tesoureiro: Perfectino Fontaíñas Rúa
Vicetesoureiro: Manuel Torres Campos
Na actualidade o Instituto de Estudios Carballiñeses conta con máis de douscentos socios.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

©Instituto de Estudios Carballiñeses.