galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

AZUCENA


RÚA AZUCENA

 

No corazón do Barrio de Flores. Onde sempre é primavera. Onde cheira a xuventude e ás veces a máis cousas. Onde se mezclan olores e cheiros. Onde se escoitan tamén os berros de pintadas revolucionarias amasados con pedras silandeiras de casas esborralladas e con cemento de casas restauradas. Onde naceu O Carballiño e onde a istoria pelexa por vivir e remozarse...
Alí, onde tódalas rúas levan hoxe nome de flores ou plantas, alí onde dormen as raíces das sementes primitivas da nosa Vila, alí está a RUA AZUCENA...

Azucena non sei se a simple vista nos parece máis ven un nome galego ou castelán.-
Se o buscamos no diccionario da RAG topamos isto:

"azucena
substantivo feminino
1(Lilium candidum)
Planta herbácea da familia das liliáceas, de bulbo e follas radicais, de onde sae un talo ergueito, no extremo do cal están as flores, xeralmente brancas, grandes e de moito recendo.
As azucenas son moi apreciadas para os xardíns.
2
Flor desta planta.
A noiva levaba un ramo de azucenas."

E se queredes saber máis ... podedes preguntarllo a PACO, que polo que se ve na foto debe coñecer o barrio... ¿non si?

(07-11-2015)

 

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador