MARCELINO ENRIQUEZ PARRONDO
MARCELINO ENRIQUEZ PARRONDO naceu en Carballiño. Morreou, e foi enterrado no cimenterio de Señorín o día 2 de xaneiro de 1991.
Era o fillo máis
novo dunha familia de trece irmáns. Seu pai, Marcelino Enriquez, era
orixinario de Sobrado dos Monxes, pero veu a Carballiño e entrou a traballar
na ferrallería de Domingo Parrondo, e rematou casando cunha filla do
xefe chamada Maria Xosefa.
Marcelino Enriquez Parrondo estudou a dificil
carreira de Enxeñeiro de Camiños. Foi enxeñeiro xefe na
obra do ferrocarril Zamora-A Coruña.
Casou con Conchita De Dios.
Foi un home sempre atento ás necesidades
do Carballiño, onde tiña moitos amigos.
Entre as cousas que fixo pola vila do Carballiño
hai que destacar: o Plan de Ordenación Urbana, a rede de esgoto, a Estación
do Ferrocarril, o plan de abastecemento de augas, ... Tamén tuvo unha
colaboración moi importante na obra da igrexa da Veracruz, axudando as
xestións de Don Evaristo en Madrid, facendo o cálculo da cimentación
da torre, e axudando de moitas outras maneiras á construcción
desta marabillosa igrexa.
(O Carballiño, 19-09-2012)