galicias>> instituto de estudios carballiñeses >> Rúas do Carballiño

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
RÚAS DO CARBALLIÑO

Inicio
 

RÚA MONXARDÍN

     DON ALFONSO VAZQUEZ MONJARDIN-QUIRÓS
     Fillo de Luis Vázquez e Josefina Monjardín. Naceu na Coruña o día 24-07-1901. E morreu no Carballiño o día 07-09-1960.

     Traballou en Ourense, como Procurador. E nesta cidade tiña tamén unha Axencia de Viaxes e Xestoría. Foi o primeiro presidente do Colexio de Xestores de Galicia.

     Foi un dos fundadores do Partido Galeguista. Participou nas tertulias do Hotel Roma xunto con xente tan coñecida como Otero Pedraio, Vicente Risco, Xocas, Leuter, Blanco Amor, ....

     Estaba vinculado a O Carballiño, entre outras cousas, por razón de matrimonio, pois casou coa carballiñesa DONA EMILIA BLANCO R.MANEIRO. Tuveron cinco fillos (coñecidos polos nomes de Pepelino, María Emilia, Carmelo, Kika e Alfonso). E a familia pasaba os veráns e festas familiares na fermosa casa que tiñan no Carballiño, que estaba perto da casa do Concello, ó lado da Gazpara, no lugar no que hoxe hai un edificio de varias plantas adicado a oficinas e vivendas e que ten no baixo o supermercado Froiz. Alí, no baixo daquela casa, cando os fillos do matrimonio eran mociños novos, tiveron lugar moitos bailes e “guateques” dos que ainda se lembra moita xente do Carballiño.

     Os derradeiros meses da súa vida pasounos na Vila do Carballiño. Está enterrado no cementerio de Señorín.

(O Carballiño, 19-agosto-2012)

 

Hola Amig@s...


"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador