Galicias.com: unha casa para todos

COMERCIOS DO CARBALLIÑO
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

A CASA DA NEVE

 

"HAY TTANVIEN DOS CASAS DE NEBERA, EN EL MONTTE O SITTIO QUE LLAMAN CARAMBOLO, LA UNA DEELLAS DE LOS PADRES JESUITTAS DE MONTTERREY Y LA OTRA DELA CONDESA DE MONTTERREY, Y EN ELLAS SE RECOJE LA NIEVE QUE NECESITTAN DICHOS JESUYTAS PARA SU COLEJIO, Y TTAMBIEN LA QUE CECESITTA EL CONTTADOR DE DICHA CONDESA ....".

Así dí o Catastro de Ensenada, no ano 1.752.

 

E a lenda, a tradición oral, os soños, e o maxín, ... contan a seguinte historia sobre o nacemento do Pobo de Camba:

Fai moitos anos, fai varios séculos, aínda non existía o pobo de Camba. Había soio unha serra moi grande, formada por montes ásperos, cheos de lobos e animáis salvaxes. Era un lugar inhóspito, que soio producía queirugas, uces e carqueixas. Non había ningunha casa nin nada que se lle parecese.

Un bó día, un fraile xesuita, que se chamaba Lucas, quixo retirarse ó monte, para rezar e para atoparse a soias con Deus e consigo mesmo. Saíu de Monterrey, camiñando, con un zurrón ás costas, no que lebaba un pouco de pan, un par de libros, e un coitelo. Camiñou o día enteiro, e colleuno a noite no alto dun lumbeiro. Alí mesmo, ó raso, deitouse a durmir, mirando cara o ceo.

Pola mañan cedo despertou morto de frío. Camiñou un pouco para desentumecer as pernas. E viu como pouco a pouco Deus iba encendendo o día. Nunca vira un amanecer tan fermoso. Primeiro chegou a luz que se foi acendendo pouco a pouco, e foron saindo da nada negra centos de pequenos lumbeiros. Fóronse apagando pouco a pouco as estrelas. E quedou un ceo limpo e azul cubrindo unha terra fermosa de moitas formas e cores. Era moito o territorio que dende alí se podía divisar. Mirando cara o sur víase o val de Monterrey, e mais lonxe as montañas de Portugal. Mirando cara o norte, o este e o oeste ... víanse serras e serras que parecían non ter fin.

De repente o día empezóu a arder polo naciente e o ceo colleu outro color. De detrás dun lumbeiro lonxano foi saíndo o sol, que pouco a pouco se foi levantando e desperezando, e que se convertiu moi pronto no indiscutible rei do ceo.

Despois de vivir o éxtasis de tan fermoso amanecer o fraile quedou totalmente namorado daquel lugar. Pasou alí o día enteiro, na fronteira entre a terra e o ceo, vendo o mundo con ollos novos, dende o alto dun lumbeiro.

Pola tarde empezou a xuntar pedras para facer unha choza.

Cando pasaron tres días Lucas tiña xa feita unha pequena caseta con paredes de pedra e teito de lousas. E alí se quedou a vivir durante un tempo, alimentándose de herbas e froitos silvestres. A comida era realmente escasa naquel lugar: soio podía atopar herbas de varias clases, arandos e moras. Pero a súa comida máis importante era a cercanía do ceo, a infinita paz e o calado silencio que alí se atopaban.

Pasaron dous meses, e chegou o inverno. Unha noite o ceo enfadouse e púxose a nevar sin parar. O fraile aguantou como puido dentro da súa pequena choza. Pola mañan, cando se fixo día, parou de nevar, e o ceo sorriu de novo con un sol amigo, grande, redondo e fermoso.

Arredor da choza estaba todo raso de neve. E do teito da choza caían longos carambelos de xelo. Namáis velo, o fraile bautizou aquela choza co nome de Casa da Neve, e deulle á corga que alí nacía o nome de Carambo.

Despois do bautizo, aproveitando o día, o fraile camiñou montes abaixo, en dirección a Monterrey. Chegou cando xa era noite pecha e xa os frailes estaban rezando as Completas. Non levaba nada de comida no seu zurrón. Pero, para levarlle algo ós seus compañeiros, meteu no zurrón un carambelo.

Ó día seguinte contoulle ós demais frailes todo o que vira e vivira durante aqueles meses, e ensinoulles o carambelo.

Os frailes escoitaron con verdadeiro pracer o relato de feitos e sentementos. Pero un deles, que era o encargado da economía do convento, empezou a matinar e a matinar..... E pensou que aqueles montes que soio producían arandos e moras, queirugas, uces e carqueixas .... gardaban un tesouro moi importante: podían producir neve e xelo.

E foi así como os frailes Xesuitas de Monterrey se reuniron en pleno para tomar unha importante decisión: contruir alá naquela serra, no alto daquel lumbeiro, unha fábrica de neve e de xelo.

O prior deu as ordenes oportunas para que se xuntasen os obreiros precisos e pronto empezaron as obras para contruir unha casa á beira da choza que fixera Lucas. A parte mais importante da casa era o soto, onde se ía almacenar a neve prensada, para que se conservase en estado sólido durante o ano enteiro. Fixeron unha casa grande, que lle serviu de nevera durante moitos anos. No soto da casa había varias dependencias, todas elas cheas de neve. Alí gardaban a carne conxelada. E cando lles iba facendo falta sacábana e baixábana para Monterrey en alforxas que cargaban sete mulas. Ás veces tamén baixaban lingotes de xelo para o convento que usaban para conservar en frío o viño e os alimentos que o precisaban.

E así foi como a CASA DA NEVE foi a primeira casa que houbo en Camba.

Logo, a Condesa de Monterrey mandou facer alí outra Casa de Neve para servicio dela.

E logo, pouco a pouco, as xentes que atendían aquelas dúas Casas de Neve foron facendo outras pequenas casas para viviren eles e as súas familias, casas éstas que construíron un pouco máis abaixo, no val de Carambo, a carón dunha fonte que alí había. Mais tarde estas xentes foron criando pitas, porcos, e outros animales. E así foi nacendo o pobo.

Cando o pobo medrou viron que a auga daquela pequena fonte non chegaba para todos. E por eso parte dos vecinos decidiron trasladarse cos seus enseres e animais para outro lugar cercano onde había mais auga. Buscaron a ladeira dunha pequena montaña, mirando cara o sur, e alí fixeron casas novas. O lumbeiro onde se asentaron era suavemente curvado e por eso puxeronlle ó novo pobo o nome de Camba.

Logo empezaron a traballar as terras, e a sementar centeo e millo. Fixeron regos para levar a auga do río e para facer lameiros. Criaron vacas. E pouco a pouco foron pondo en pé o que moitos anos mais tarde sería un pobo de máis de catrocentos veciños, que tempo andando chegaría incluso a convertirse en parroquia independiente segregándose da de Santa María de Cerdedelo e convertíndose na parroquia de San Salvador de Camba, tamén coñecida como a parroquia do BON XESÚS DE CAMBA DE CARAMBO.

..............

Hoxendía aínda se conservan os nomes de Casadaneve e de Carambo. E por suposto conservase o pobo de Camba, ainda que cada vez con menos xente.

Pero Camba sigue sendo na memoria da xente a parroquia do BON XESÚS DE CAMBA DE CARAMBO, e todos estamos de acordo con que o Pobo de Camba, antes de estar onde agora está, estuvo en Carambo e na Casadaneve, e con que o nome de Carambo procede de "Carambolo" ou "Carambelo", que non é outra cousa que un trozo de xelo que colga dos tellados das casas, que se forma naturalmente e por sí soio nas frías e nevadas noites de inverno.

Para rematar vou poñero outro anaco dun texto do Catastro de Ensenada (ano 1.752): "... las primicias se pagan a las iglesias della, que son la de Santa María de Cerdedelo, la del Buen Jesús de Camba de Carambo, y la de San Lorenzo de Toro, estas dos son anejas de la primera .....".

Como se ve, no ano 1.752 xa se falaba de Camba de Carambo, onde xa había eirexa. Se ben naquel momento non era parroquia independente, senón un "anejo" da parroquia de Santa María de Cerdedelo. Anímovos a todos a seguir estudando a Historia e inventando a lenda.

(Juan, 16-10-2003)

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador