COMERCIOS DO CARBALLIÑO |
||||||
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
Acabo de empezar a por en marcha unha idea que me ronda pola cabeza dende hai tempo: a de facer un pequeniña historia dos comercios do Carballiño... ou mellor dito unha colección de pequenas historias...
Se vos parece unha boa idea ... pois axúdademe co que poidades... Por
exemplo escribindo a historia do voso propio negocio e mandándoma por
mail ou mandándolle un correo electrónico
a algún dos vosos amigos que teñen comercios para que escriban
a súa historia á sua maneira e nola manden por mail...
Creo que esta é a historia de moita xente
anónima que traballa tódolos días... que crean empleo,
que prestan servicios... son os que de verdade mantén este pais en pé.
Son xentes que non saen nos periódicos, pero que son os que fan a historia
de verdade... esa historia que nunca se conta, que nunca se escribe... Esa historia
que creo que non debemos deixar morrer...
De momento estou empezando e teño moi pouquiñas historias... Pouco a pouco esto irá medrando... Sei que por moito que traballemos nunca estarán todos... pero aínda así creo que paga a pena ir recollendo algúns...
E para adornar esta páxina vouvos poñer aquí unha foto que me topei hoxe na internet e que me parece que ven moi a fío desto que estamos falando... Pois este tamén é un xeito de apoiar o comercio local...
(Foto tomada de internet, de
una página de facebook)
Os que escoitan a radio, leen os periódicos, ven a TV, e ven falar ós políticos... cóntame que sube o IVE, que aumenta o paro, que desaparecen as empresas, que sube a odiosa prima de risco, que cada vez debemos mais cartos, que Valencia está en bancarrota, que España enteira está no borde do precipicio, a piques de afundirse nun abismo... que a crise está a punto de convertirse en desatre total... e que non se ve maneira de sair deste burato escuro e abafante...
Pero cando saio á rúa e vexo que os nenos seguen xogando e sorrindo, cando vexo as terrazas cheas de xente falando, cando me paro a conversar tranquilamente cos amigos... Entón penso que este país segue vivo, ¡rabiosamente vivo!, e que non o dan matado nin os pillabáns nin "os mercados"...
E cando vexo comercios abertos cando xa pasa das oito e media da noite e entro a falar cos donos... doume conta de que os comerciantes sí que saben o que fai falta facer para sair desta crise: TRABALLAR.
Cóntame un comerciante que ten un negocio aberto fai máis de 40 anos: "Cando empezamos non tiñamos un can... Tivemos que pedilo todo prestado... E traballamos moito para devolvelo todo... Aqueles tempos eran moito máis difíciles ca os de hoxe... "
Por estes, por os que traballan, por os que manteñen con vida este pais, convídovos a brindar... E por eles, polos millóns de boas persoas que creen no presente e no futuro, que se esforzan cada día e que non son noticia, por eles é por quén eu fago esta páxina...
(O Carballiño, 20 de julio de 2012)
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
©Instituto de Estudios Carballiñeses.