Galicias.com: unha casa para todos

COMERCIOS DO CARBALLIÑO
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

O tío Pedro, o Comerciante.

A principio do século XX había en Camba un comercio que tiña de todo. Parece ser que incluso se podían atopar nel cousas que non había en Verín. Era o Comercio de Don Pedro, alcumado o Comerciante.

Contan que un día veu un home de fora a Camba e que entrou no comercio de Don Pedro e que alí, co dono, mantuvo esta conversa:

-Boas tardes.

-Moi boas teña vostede.

-¿É vostede Don Pedro, o Comerciante?

-O mesmo, para servilo, se é que algo precisa ....

-Mire ... verá .... eu chámome Luis, e veño de moi lonxe en busca de algo moi especial. Xa mirei en moitos sitios e ningén o ten nin sabe onde conseguilo. Pero fai uns dias estuven en Santiago de Compostela e na rúa do Villar un home moi velliño que estaba sentado detrás do mostrador da súa tenda díxome que viñese a Ourense, a Laza, e logo a Camba e que buscase o Comercio de Don Pedro, e que se non o atopaba aquí que me dese por vencido. E aquí estou.

-¿E qué cousa é esa moi especial que anda vostede buscando, Don Luis?

-Pois mire ... verá .... o que eu preciso é .... unha albarda para un gatiño.

-Bueno. Pois mire, neste momento non a teño, pero si espera ustede un día pódolla conseguir.

-¿Seguro?. Espero os días que faga falta.

-Pois volva maña a esta mesma hora.

E sin perder mais tempo, en canto se foi o home, Don Pedro mandou chamar ó xastre da súa confianza e díxolle o que tiña que facer.

Ó seguinte día cando Don Luis se presentou de novo no comercio xa viu alí enriba do mostrador unha caixiña destapada dentro da cal había unha fermosa albarda para un gatiño. Sacou a súa carteira e pagoulle a Don Pedro o dobre do que este lle pediu e foise moi contento, falando maravillas do Comercio de Don Pedro.

 

(Juan 31-10-2004)

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador