Galicias.com: unha casa para todos

COMERCIOS DO CARBALLIÑO
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

A PEREIRA DA MARIANA

 

Estamos en Camba, un pequeno pobo perdido nas serras da provincia de Ourense, a máis de mil metros de altura.

Corren os derradeiros anos do século XIX- E todo sigue coma sempre: a xente nace, medra, traballa, envellece, ... chora e rí, ... odia e ama, .... vive e morre. ... con total naturalidade. Os que nacen en Camba viven para traballar e traballan para comer e para sobrevivir; e non aspiran a outra vida diferente. Non hai internet, nin televisión, nin teléfono, nin radio, nin periódico, .... E por eso non coñecen outra forma de vida. E, cicáis por eso, son felices coa vida que teñen.

Comen patatas, castañas, leite, ovos, carne de porco, pan de centeo, algo de verduras, .... e pouco mais. ¿Pescado? Ah, sí, algunha que outra troita que collen no río.

Viven totalmente illados do resto do mundo, sin ter prácticamente ningún comercio nin intercambio con outros pobos. E, por eso, case que nunca comen froita. En Camba non hai ningunha árbore das que se chaman frutais.

¿Por qué non hai frutais? Cicáis porque se pensa que en Camba, por ser un pobo de serra, non se dan os frutais, igual que non se da o viño, que non madura. Ou se cadra o que sucede é que tódalas terras son poucas para sementar patatas, berzas, nabos, millo, centeo, e outros productos considerados máis necesarios que a froita. Ou cicáis simplemente porque a naide se lle ocurriu prantar unha árbore das que dan froita.

O caso é que, sexa polo que sexa, non hai ningún frutal.

................

Estando así as cousas, alá polo ano 1.898. foi de viaxe a Laza o tío José. Ergueuse cedo pola máñá, almorzou, aparellou o macho, e saíu cando ainda era noite cerrada. O macho era bó e andaba lixeiro e chegaron a Laza en menos de tres horas. Fixo os recados que tiña que facer. E cando xa voltaba para Camba topouse cun amigo que estaba na porta da casa, tomando o fresco e vendo caer a tarde, e puxeronse os dous un pouco á parola. O amigo convidouno a pasar e a tomar un bocado e máis un trago de viño. José tiña pouca fame, pero cobizoulle moito unha pera que viu enriba da mesa. Comeuna con verdadeiro pracer. E o seu amigo, vendo que lle gustara tanto a pera, foi á horta, arrancou unha pequena árbore, e díxolle: "toma, leva esto para Camba, e prántalo nunha finca boa, abrigada do Norte". Eran tan amigos que José non lle soupo decir que non. E trouxo para Camba aquela pequena árbore. Era unha pereira.

Prantouna na poula da Costa. E prendeu. Era polo mes de febreiro. E pasou o vrau e a pereira non secou. E seguiu medrando. E ó cabo de tres anos deu as primeiras peras. Foron tres peras, as tres primeiras froitas que existiron en Camba. Non chegaron a madurar porque alguén que non foi capaz de aguantar as comeu cando ainda estaban verdes.

Ó ano seguinte veu un xeada cando andaba na flor e non deu nada. Pero pro outro ano sí que volveu a dar peras. E cada ano que pasaba medraba máis e daba máis peras. E foise facendo grande. E seguía sendo a única árbore frutal que había no pobo.

Pasaron os anos e morreu o tío José. E a poula da Costa, coa Pereira, herdouna a súa sobriña Mariana, que estaba solteira, e que coidara ó seu tío con todo cariño ata o momento en que deixou iste mundo.

E como non había mais froita no pobo, os mozos iban de noite a roubarlle as peras. E cando a pereira xa era moi grande, levaban estadullos, e tirábanllo os estadullos para facer caer as peras das gallas altas, para collelas logo no chau e comelas. As peras caían e chouchaban pola poula abaixo e paraban na chaira que había no fondo da poula. Aínda que algunhas collían tanta forza que seguían chouchando, e baixaban polas tapadas das Pedras, e chegaban ata o río.

A pereira seguiu medrando, e dando cada vez máis peras. Non había naide no pobo que non tivera probado algunha vez as peras da Pereira da Mariana. E todos estaban dacordo en que eran moi ricas.

Cóntase que a Pereira chegou a dar tantas peras que algún ano se podía cargar con elas un carro que seis vacas non serían capaces de mover.

E chegou a República, e a pereira seguíu dando peras a dereitas e a esquerdas.

E chegou a Guerra Civil. E a pereira púxose triste polos mozos mortos. Pero como tiña unha alma forte superou a tristura e non morreu. E foi tamén capaz de sobrevivir ós duros anos da postguerra, anos nos que as suas peras foron aínda máis ricas e apreciadas.

E, xa moito despois da Guerra, cando se estendían por España o progreso e o desarrollismo, chegaron tamén as árbores frutais a Camba. Pero a pereira da Mariana seguiu sendo para sempre algo diferente: non era unha pereira, era A Pereira, A Pereira da Mariana; tiña moita historia, e sabía moitos segredos. Durante máis de medio século fora a única árbore frutal que houbera no pobo. E dende a poula da Costa víase o pobo enteiro, palpábanse os amores e desamores dos cambeses coas cambesas, e as tristuras e ledicias de uns e outras, e podíase escoitar o latexar dos corazóns de todos eles.

A tía Mariana morreu no ano 1.989, o vinte de Agosto; pero a súa pereira ainda sigue viva. Agora, nos comenzos do século XXI, pode presumir de haber vivido en tres séculos diferentes. Está un pouco velliña e arrugada, e xa ten algunhas gallas secas, pero ainda sigue dando peras.

...........

Estamos no ano 2003. Agora no pobo de Camba hai moitos frutais e pouca xente. Xa naide pasa fame. Xa chegou o progreso. Hai periódico, radio, televisión, .... A xente que vive alí xa ten de todo, e xa desexa outra vida diferente da que ten. E por eso xa non é tan felíz como hai cen anos. Xa case que non quedan vacas no pobo. Non hai res. E case que naide traballa as leiras. Hai moitas terras ermas. E hai moitas árbores ás que naide lles colle a froita, que cae e apodrece no chau, sin que naide lle faga caso. Sobran cereixas, peras, mazás, ....

A Pereira da Mariana está cada vez máis vella, máis soia e máis esquecida; pero sobre todo está triste porque xa naide lle rouba as peras.

(Juan, 5-7-2003)

 

 

 

Agora estamos no ano 2004. Hoxe é día 4 de setembro. A Pereira da Mariana está morrendo pouco a pouco. A maior parte das súas gallas están secas. Quedanlle unhas poucas follas. ..... ¡Pero aínda ten peras!. A Pereira da Mariana quere seguir dando froito mentras teña algo de vida; como a xente de Camba de antes que traballaba ata que morría. Non. A Pereira da Mariana non entende eso da xubilación. Non quere vivir sin dar froito. Ela, a mai de tódolos frutais de Camba, quere dar exemplo: quere dar froito mentras teña vida, e o día que non poida dar froito morrerá en silencio, case sin que naide se decate, e donará os seus órganos, ofrecendo a súa leña sin alma para facer lume, para que a xente se quente nos duros invernos cambeses. A Pereira da Mariana leva máis de cen anos dando peras. Peras sanas, peras ricas, peras para todos os que as colleron e collen. Peras para a xente en tempos de fame. E peras para os corzos en tempos de fartura; para os corzos que agora dormen na chaira da poula, onde van parar as peras que caen da pereira e chouchan pola poula abaixo. A Pereira da Mariana non quere vivir sin dar, e dará peras mentras viva, e darase toda ela despois de morta: dará o corpo para o lume e a alma para a historia eterna do pobo de Camba.

(Juan, 4-9-2004)

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador