A SOLDA (Por Marcelino Nuñez)

 

No ano 2002 no mes de abril-finais- fixemos outra viaxe a Camba (Juan e Marce), co fin de coñecer un pouco máis aquelas terras por unha parte, e de permanecer en contacto no plano afetivo por outra.

Ben, a cousa é que sempre procuro aprender algo da Flora que alí, naquelas alturas, vai saindo cada vez diante de nós.

Juan Rúa, que é nado alí, levoume a ver unha pereira,
que según el é a máis grande e vella do lugar. En verdade así
era. Pero cando se vai ver unha cousa sempre se atopan outras
de tamén grande interese.

Así foi: tras da casa da Familia Rúa Prieto, nunha zona que hai castaños e outras árbores,atopei unha planta -en varias petadas, e sempre o acubillo das árbores- que por non levar guias non poiden identificar.Era moi semellante as pri maveras, pero tamén, polo tipo de ovario, ás labiadas; pero as follas ían de forma alterna e nesta familia van de maneira oposta, ... ¡nada!: non era posible. A única familia que ten coma as labiadas 4 lóbulos son as borraxináceas.

Collín parte dunha das plantas e fun ata diante da casa dos Rúa. Estaban Juan e Concha-a de German-. Pregunteuille á Sra Concha como era que lle chamaban en Camba a aquela planta. Dixo: "chamase Solda!, porque a colliamos para sana-los osos que se danaban".

O chegar a Carballiño collín a nomenclatura da flora Vascular Galega. O nome de Solda coincidia co nome científico de Symphytum tuberosum (Boraxinaceas) con flores amarelas e talos non alados.

Velai a planta. Consuelda menor.