Ven a Camba, meniño,
ven a Camba
a dar os primeiros pasos
onde os teus pasos se deron.
Ven a Camba, rapaz,
ven a Camba
a disfrutar co que teus pais
disfrutaron:
os estoupós,
os grilos
e os saltós.
Ven a Camba, rapazolo,
ven a Camba
a vivir emocións,
cotilleos, amores e desamores,
calle, noite, contos
e cancións.
Ven a Camba, mozo,
ven a Camba
e recorda
e rechaza o silencio,
a paz, o descanso
e o aburrimento
Ven a Camba, home,
ven a Camba
e fai o que facías
de neno, de rapaz
e de mozo:
sega, revolve, xunta,
limpa, degalla, rega, ...
Retorno inconsciente a túa infancia,
...que non, ...
Non xustifiques co ben das fincas
pois a natureza recupera
o que dela foi nun tempo,
que a ti che prestou
cando falta che fixo.
(37, Elias)