Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Fotos de Galicia. Fotos dos Potiños.
Autor: Hector Guzman
Colocadas el 03/06/2006

_5211820 _5211821 _5211823 _5211825
_5211820.jpg         _5211821.jpg         _5211823.jpg         _5211825.jpg        
_5211829 _5211830 _5211831 _5211832
_5211829.jpg         _5211830.jpg         _5211831.jpg         _5211832.jpg        
_5211833 _5211834 _5211835 _5211836
_5211833.jpg         _5211834.jpg         _5211835.jpg         _5211836.jpg        
_5211837 _5211838 _5211839 _5211842
_5211837.jpg         _5211838.jpg         _5211839.jpg         _5211842.jpg        
_5211845 _5211846 _5211861  
_5211845.jpg         _5211846.jpg         _5211861.jpg        

     Xa sei que as fotos de Hector non precisan comentario: falan por sí soias. Pero non son capaz de resistir a tentación de escribir algo.

     Fai un tempo estabamos todos tranquilos. Cada un na nosa estación. Agardando o tren dos nosos soños.

     E chegou un tren cargado de cousas: ideas, arte, imaxinación, cretividade... Cada un á nosa maneira, decidimos subir a ese tren. E dentro topamos moitas máis cousas coas que non contabamos: amizade, risa, ledicia... Era un tren cargado de paixón, de luz e de vida. O tren dos Potiños.

     Hai veces que nos parece que ese tren vai moi rápido e que non o damos seguido. Outras veces parécenos que vai moi lento e que apenas avanza. Pero é o noso tren e querémoslle tanto cando nos gusta coma cando non nos gusta.

     Temos unha locomotora HG. ¿Alemana?. Non. Mexicana. Hector Guzmán. O sabio maestro humilde que sabe incluso falar unha linguaxe que somos capaz de entender.

     Pero no tren hai moita mais xente. Están os históricos. Os fundadores que non abandonaron o barco nos tempos de tempestade nin nos tempos de monotonía. Os que coidaron o tren na longa travesía do deserto. E están tamén os currantes. Os obreiros. Que, tan ben fan fotos como clavan puntas. Están os artistas. Os que nos ensinan coa sua creatividade. Están as musas. Con inspiración permantente. E están os pasaxeiros. Que van no tren, disfrutando da viaxe.

     E, decindo a verdade, todos temos un pouco de todo. Todos somos en certa maneira obreiros, artistas, musas, e pasaxeiros... Cada un aportamos en cada momento o que podemos para que o noso tren siga sendo fermoso e entrañable. Porque todos sentimos amor polo noso tren.

     De cando en vez chegan pasaxeiros novos. E todos os que suben teñen algo en común: veñen cargados de soños.

     O tren está en continuo movimento. Exposicións, concursos, cenas, ideas novas, cámaras novas, fotos cada vez millores... Amizades cada vez máis fortes. Aprendemos moito neste tren. Gústanos moito viaxar neste noso convoi.

     Naide sabe canto tempo seguira este tren chouchando polos railes, nin ata ónde chegará, nin como será a viaxe que nos agarda... Pero todos sabemos que estamos neste tren porque queremos, porque nos gusta, porque nos axuda a sentirnos mais creativos, mais humanos e mais felices. Vivimos o presente e neste momento a viaxe está sendo moi fermosa. O tren dos potiños está pasando por paisaxes de creación, ledicia e felicidade. Somos, neste momento, "guerreiros da luz" e retratistas dos nosos soños. Retratistas e retratados. Pois estamos na foto, na foto dos nosos soños.

     O que deixe de soñar ... quédase en terra... e perde o tren. O que deixe de soñar non sae na foto. ¡Que naide deixe nunca de soñar!

     Nota: Todo esto non o escribo eu. Non. Todo esto estaba escrito nas fotos que tedes arriba. Eu símplemente o estou lendo para todos vos, en voz alta, é, ó mesmo tempo, copiándoo aquí en forma de letras. Pero, por suposto, ésto é soio unha moi pequena parte no que está escrito nas fotos. Seguídeas lendo vos, cada un na vosa linguaxe..

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador