Galicias.com: unha casa para todos

FOTOS
FRASES
RILLAMILLAS
CAMBA
VIAAURIA
CAMIÑO SANTIAGO
CRÓNICAS DE CARBALLIÑO
COMERCIOS DO CARBALLIÑO
POTIÑOS
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

 

UN CURRUNCHIÑO DO CEO ( Preámbulo)


     Laiantes é unha aldea que pertence a parroquia de Armeses do Concello de Maside. Está situada o norte desta parroquia.

     No ano 1940 tiña 30 veciños (120 persoas) repartidos en dous lugares: Laiantes de Riba e Laiantes de Baixo. Quince en cada un deles. Vivíase do producto da labranza que estaba a cargo principalmente das mulleres e rapaces. Os homes, na maior parte, dedicábanse a "trafícantes" nas feiras" e tamén, na maior parte, facían estas labores con Portugal a onde "emigraban" a pé, coas súas riatas de bestas onde transportaban as mercadorías entrámbolos países. Traían xamóns, trapo, gomas vellas, peles e coiros, sarrallo (1), cornello e outros. Levaban pescado, bacallao, “pulpo” seco, apeiros de labranza e outros. Facían dous viaxes cada ano: Saían o día 7 de Xaneiro, despois do Nadal e reis, e retornaban o día primeiro de Agosto para a festa do San Pedro Fiz que era a festa do Pobo. Pasadas estas volvían a Portugal hasta o Nadal e así durante moitos anos a partir do século XIX. Os pais levaban os fillos a según ían tendo idade para elo. A partir do ano 1910 formouse unha sociedade entre uns deles e con carromatos facían o viaxe dende Marín a Chaves (Portugal) cargados das mercadorías que antes dixen con relevo das bestas en Soutelo de Montes, A ponte de Ourense, Xinzo, Verín e Chaves dende onde se dirixían a outras localidades daquel país.

      Despois do ano 1936 e como consecuencia da guerra civil española quedou paralizado esta forma de vida, pois a maior parte distes homes influídos seguramente pó-lo medo, quedáronse en Portugal, establecéndose definitivamente neste País e hoxe en día seguen por aquelas terras moitas familias oriúndas de Laiantes e súa bisbarra.

     A partir do ano 1950 empezou a emigración dos que quedaban para Arxentina, Venezuela, México e outras nacións de Europa.

     Total que a aldea quedou vacía de xente. Hoxe quedan dous veciños de 90 anos cada un.

     Para que se poida comprender mellor o sentido distes sinxelos poemas que un servidor escribiu coa súa humilde pluma do corazón, poño nome a elementos que compoñen a aldeá e o seu entorno:

     (1) Sarrallo: Producto que se obtiña do fondo das cubas de viño feito por elementos cristalizados e había que quitalo destas cubas cunhas piquetas de ferro. Era moi apreciado para industrias químicas e farmacia.
     Carpazal: Carballeira na cima do pobo onde xogabamos os rapaces á pelota e os maiores disfrutaban de sombra no verán.
     Regueiro: Lavadoiro do pobo. No seu derredor tiña Carballos, salgueiros e amieiros, onde tamén os rapaces no verán aproveitábamos para os nosos xogos.
     Campo da festa: Outro pequeno recinto onde habían grandes carballos e un castiñeiro.
     As Lamas: Como o nome di, pastizal con moita auga, xuncos, vidos, faias, carballos, salgueiros e piñeiros. Nacía aquí un regueiriño que baixaba por cerca da aldeá e ía ó Viñas, cerca de Casanova, tamén desta parroquia de Armeses onde se facía mais grande e desembocaba no río de Listanco.
     Outorelo: Monte cercano a aldeá. Frondoso bosque de piñeiros
     Panceira: Congostra así coma de 200 metros que daba entrada o lugar.

 

UN CURRUNCHINO DO CEO

Nun currunchiño do mundo,
orgullo doutros tempos e xentes,
nunha paraxe moi fermosa
Deus acordou poñer a Laiantes.

Horizontes abertos e sen muros,
sen fronteiras nin barreiras,
ceo azul, aire limpo e perfumado
lindas flores nas ladeiras.

Terra encantadora e feiticeira,
f
orxa de xente sinxela e boa,
c
amiño de arrieiros e feirantes
alma alegre e traballadora.

Saudoso e paradisíaco Carpazal,
cos teus impresionantes e vigorosos carballos,
co teu manto de verdes e limpas herbiñas,
frescura e descanso deches ós vellos.

Terreiro de tantas e tantas correrías
q
ue de cotío neste campo se facían,
rapaces e rapazas da aldea
rebordándo ilusión e alegría.

Aquel susurro das follas,
aquel silencio falante,
aquel canto dos grilos
do Ceo, regalo gratificante.

Anduriñas que voaban
camiño abaixo camiño arriba,
gorriós que en bandos chirriaban
sen control e sen medida.

Bolboretas a milleiros que lucían
a súa fermosa policromía,
arrumacos das pombiñas
q ue nos tellados vivían.

En chegando a primavera,
entre o marzo e oAbril,
nesta carballeira cantaba
o alegre cuco souril.

Aquelas tardes de fútbol,
e ntre o sol e a sombra xogando,
as gorxas limpas dos rapaces
os goles ían cantando.

Os bos xogaban adíante,
os medianiños a campo enteiro,
os outros era o mesmo,
e o peor para porteiro.

Moito che quixen nun tempo
C arpazal encantador,
cos teus carballos frondosos
mais vellos cós meus avós.

Carballeira fermosa do pobo
que a túa xente frescura diche
por un bulo aquí traído
a túa morte recibiches.

Cando por aquí paso e observo
o que quedou daquel paraíso
pónseme a pel de galiña
po-la inxustiza que con el se fixo.

Para outras tardes do verán
que o corpo frescura pedía
o salgueiral do Regueiro
no fondo do lugar había.

Entre sorrisos e chapuzós,
volteretas e agatuñadas sen contar,
as horas facíanse curtas
para daquel paraíso disfrutar.

Según se acercaba o inverno
cando o tempo encrudecía
por non suspender os xogos
no Campo da Festa se facían.

Vixiantes e vigorosos carballos
que cun caracocho facían cinco
po-lo mesmo bulo que antes dixen
a morte lle chegou sen mediar aviso.


Arredor deles ¡hai meu Deus!
cántas voltas eu debín dar
xogando cos outros rapaces,
carreiras e berros a reloucar.

Aquela louca alegría,
aquel brincar con candor,
aquela gran sinfonía,
dime ¿por que se acabou?

Tanta alegría mirando
os vellos sen dentes rin
e senten non te-las pernas
para choutar e rebulir.

Regueiriños de augas limpas
cantareiras e liviás
v eñen ó mundo nas Lamas
e van morrer o Viñás.

Rutilantes e longos camiños
da mina infancia e xuventude
rebordando alegría e ilusión
pasiño a pasiño eu anduve.

Retorcidas e fondas congostras,
encrucilladas, vieiros e sendeiros,
vivas testemuñas doutros tempos
esquecidos xa e pros tempos vindeiros.

Xenerosos e fartos milleirales,
agros de centeo e bos nabales,
abundantes e espirituosos viñedos,
verdes lameiros e floridos patacales.

Erguidos e corpulentos piñeiros,
nas Lamas moitos vidos e salgueiros,
encarnadas cerdeiras e maceiras,
vigorosos e xigantes castiñeiros.

Lindas flores coloradas
debruzadas nas fiestras
lucindo a súa frescura
á luz branca das estrelas.

Neste estelar e brilloso fulgor
feliz sorría unha fermosa flor.
¡ Qué cara mais debuxada!
imaxe mais delicada
nin no altar do Señor.

Os nosos antepasados
aquí quero lembrar
e non se me ocorre outra cousa
ca este sinxelo cantar:

Paseaibos, paseaibos,
sarralleiros e feirantes,
paseaibos, paseaibos,
de Portugal pra Laiantes.

Este era o cantar do pobo
desde tempo inmemorial,
lembrando as mulleres ós seus homes
que traballaban en Portugal.

Laíantes, a miña, a túa,
a nosa agarimosa terra,
rezumando harmonía e paz,
sinfonía, fraternidade toda ela.

Hai moita marabilla que ver
en tan curto espacio,
moita grandeza de Deus
en tan pequeno palacio.

Lindo remanso no meu camiño,
raíces do meu ego e do meu eco,
canto de ti me lembro soñando,
¡Que feliz, que feliz eu me alcontro!

Risoños e agarimosos fogares
onde os teus fillos medraron
s on hoxe pasto das hedras
que morada delas fixeron.

Tellados e muros caídos,
fiestras e portas arrancadas,
testemuñas son viventes
da agonía e morte irremediadas.

Pedra sobre pedra no chan,
outras penduradas ¿de que?
Ós meus ollos son cadabres,
uns tumbados e outros de pe.

Xa non se senten cantar os carros
que para aldea ca noite volvían
cargados de leña ou froitos do tempo
que as xentes contentas dos eidos traían.

Xa non se ven fumegar as tellas,
xa non se senten ladrar os cans.
So sinto un silencio tan mudo
que me fai tremer pernas e mans.

Ningún eco aquí se escoita,
ningún respiro turba a calma.
Silencio tan fondo e tan grave
apreta e afoga o alento e a ialma.

Rompendo este silencio berraban
os corvos alá no Outurelo;
non me metades medo corvos,
corvos, eu non vos teño medo.

Mirando pro lonxe estou cara os agros
en busca de señas de tempos pasados,
coas silvas e toxos de fronte me atopo
eidos nun tempo moi ven procurados.

Esqueletos de piñeiros queimados
tristes e abrasadas terras,
hortas e cómaros desolados,
obra do lume que se cebou nelas.

Xugada anteposta, fuciño embozado,
turrando do arado nun tempo mirei
empuñando a rabiza, no alto a aguillada,
o amo animando cun " ei, vacas, ei ".

Cos ollos pechados vexo esta imaxe
nun tempo perdida sen ver a razón;
borrala do lenzo en que foi pintada
non seria cordura de ningún bo pintor.

Miña casiña, mina aldeíña,
onde eu nacín e crecín,
que inda de lonxe te sinto
que estás dentro de min.

Viches marchar os teus fillos
que po-lo mundo todos foron
en busca do seu futuro
que os tempos lle impuxeron.

¡O que o seu natal curruncho deixa
e fora do seu pobo pon os pes,
c ando cambia o que ten po-lo incerto
motivos para facelo ha de ter

Por cada un que se marchaba
amargura sentías na ialma enteira,
cos teus olliños chorosos o seguías
hasta pasar o alto da Panceira!

Cando no horizonte se perdía
i, antes de voltar a mirada,
coa súa man tremerosa
dous biquiños lle mandaba.

Dende a lonxura do tempo
que entrambos se meteu
sen lembrarme de ti
nunca día amañeceu.

Suave i agarimosa lembranza
que dentro de min aniña,
mau que se alonga e me fai señas,
mau que me acaricia i aloumiña.

Coa ialma triste i apretuxada
dun fillo que viches nacer
con todas lembranzas presentes
LAIANTES, ¡que pena me da verte morrer!

L U A R (Raúl González) 07-2000.

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador