Galicias.com: unha casa para todos

COMERCIOS DO CARBALLIÑO
INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

PASEO POLO PARQUE DO CARBALLIÑO

Con explicacións históricas e botánicas de Marcelo

O Parque Municipal do Carballiño é unha verdadeira xoia, da que podemos disfrutar tódolos carballiñeses, e moitas outras persoas que nos visitan. Ocupa arredor de 25 hectáreas cheas de natureza, vida, paz, e bosque formado por moi diferentes árbores, de beleza e tamaño realmente impresionante.

O sábado día 26 de abril de 2003 os rillamillas xuntámonos para visitar iste fermoso parque, guiados por Marcelo, "o noso botánico", que nos foi explicando paseniñamente as características das diferentes árbores, co fin de ensinarnos a coñecelas, a querelas e a diferenciar unhas das outras.

Marcelo empezóu contándonos algo de historia: Arredor do ano 1.928, sendo Secretario do Concello de Carballiño Don Vicente de Nóvoa Requejo, acordóuse desmembrar unha parte do monte comunal de Mesego para que pasase a ser propiedade do Concello de Carballiño, de titularidade municipal. Nese ano empézanse as primeiras plantacións de árbores, e, seguindo o deseño do arquitecto ourensán Conde Fidalgo, faise o plano de distribución de espacios verdes, camiños e avenidas. En 1.929 véndense 24 parcelas de 1.000 metros cadrados cada unha como soares. En 1.935 trasládase ó Parque o monumento adicado ós hirmáns Prieto Pereira (antes ubicado na Praza Maior). No ano 1.941 véndense outras 41 parcelas como soares.

A repoboación do parque foise facendo por zonas, de forma masiva, mesturando ás veces espécies arbóreas diferentes. E rematouse arredor do ano 1.950. Se ben no ano 1.996 levouse a cabo o clareo de algunhas árbores existentes e no ano 1998 porcedeuse á plantación de novas especies vexetais (alunhas delas moi fermosas, como por exemplo, os tulipíferos de Virxinia).

Marcelo contóunos logo cousas das árbores: Ensinounos a diferenciar o ciprés (que en galego correcto e normativo se chama alcipreste) do falso ciprés e da tuia; a distinguir o abeto e o falso abeto. E foinos falando con ciencia, con mimo, e con cariño de outras moitas árbores dos que os nosos ollos, todos os nosos sentidos, e mesmo a nosa alma , poideron disfrutar. Foi unha verdadeira gozada. Entre outras cousas descubrimos que no Parque do Carballiño hai: a) coníferas: abetos, alciprestes, tuias, cedros, piñeiros de varias clases (roxo, silvestre, monterrei, bravo, ... destacando as maxestuosas "pseudotsugas" tamén coñecidas como pino de Oregón e como abeto de Douglas), ... ; b) frondosas: carballos (cerquiño, carballo e "roble americano"), tilos, magnolios, "plátanos", loureiros, .... c) outras especies: acacias, castiñeiros, castiñeiros de indias, eucaliptos, acivros, piceas (falso abeto), choupos, salgueiros, ameneiros, abelairas, bidueiros, camelios, cerdeiras, érbedos ("madroños"), freixos, serbal dos cazadores (escancereixo), .... Dende logo que non fomos capaces de aprender tódolos nomes técnicos das árbores, nin tan xiquera os nomes vulgares de todos eles. Pero sí que nos demos un bó baño de botánica, e sobor de todo disfrutamos de un agradable paseo. Dende ese día o Parque é ainda máis fermoso para nós. Gracias Marce.

Grupo de rillamillas no parque en abril de 2003

Grupo de rillamillas no Parque do Carballiño o 26 de abril de 2003.

(pincha na foto para vela mais grande e con millor calidade. Ten pacencia porque tarda un pouco, porque son 204 kb)

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)

"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)


  Engadir galicias.com a Favoritos  

Inicio de Galicias.com

Fotos de Galicia   Galego   español    English

Benvid@, estás na túa casa

©Juan Rúa. Contador