galicias >> instituto de estudios carballiñeses

INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES

CONVOCATORIA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DO INSTITUTO DE ESTUDIOS CARBALLIÑESES
Por orde do señor director do Instituto de Estudios Carballiñeses, convócase Asemblea Xeral ordinaria para o día 27 de octubro de 2018, sábado ás 10.30h., en primeira convocatoria, e ás 11.00h., en segunda, na Casa da Cultura do Carballiño
……………
Rematada esta asemblea, procederase á presentación do número 34 da revista Ágora do Orcellón, un monográfico dedicado a Antón Pulido, autor de todas as portadas anteriores da revista.


 

PROGRAMA EN PDF DAS XORNADAS DE FILOSOFÍA DO ANO 2018, que en homenaxe a XESÚS MOSTERÍN, este ano van a versar sobre o tema "Ciencia, filosofía e racionalidade"

Celebradas en VIGO,
Auditorio Municipal
do Concello de Vigo
(praza do Rei)
nos días 15,16,17 e 18
de outubro de 2018.

Descargar o Programa en PDF

 

HISTORIA

     O Instituto de Estudios Carballiñeses foi inscrito no Rexistro Provincial de Asociacións de Ourense o 14 de xuño de 1999. Os seus Estatutos foron elaborados por unha Comisión Xestora, para máis tarde, unha vez recoñecida a asociación, ser aprobados en asemblea polos asociados.

     Os fins do Instituto, tal como se di no artigo 2º dos Estatutos, "serán fomentar, orientar e coordinar o labor investigador nas diferentes ciencias, técnicas, artes, etc. así como en tódalas manifestacións que se relacionen co Carballiño e coa súa comarca".

     O Instituto estructúrase en Seccións. Entre elas está a de Etnografía e Arqueoloxía, Toponimia, Filoloxía, Literatura e Arte, Antropoloxía, Ciencias Xurídicas e Sociais, Economía, Arqitectura e Urbanismo, Turismo e Deportes, Bioloxía e Medio Ambiente, Emigración e Comunicaciones.

     Ó frente de cada Sección hai un Presidente encargado de dirixir e coordinar os traballos.

     A Xunta de Goberno é o Órgano Executivo do Instituto e está formada por un Director, un Vicedirector, un Secretario, un Vicesecretario, un Tesoureiro, un Vicetesoureiro e varios vocais.

 

A Xunta de Goberno está formada por:

Director: Avelino Muleiro García

Vicedirector: Xosé Luís García Rodriguez

Secretaria: Ana Isabel Rodriguez Bernárdez

Vicesecretario: Xosé Luis Blanco Nogueira

Tesoureiro: Perfectino Fontaíñas Rúa

Vicetesoureiro: Manuel Torres Campos

 

Na actualidade o Instituto de Estudios Carballiñeses conta con máis de douscentos socios.

 

pie index fotos Hola Amig@s...

"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)


©Instituto de Estudios Carballiñeses.

Contador