Novidades:
PROGRAMA DO CURSO DE TERMALISMO 2007:
Luns, 9 de xullo:
9.30 h. Acreditación dos cursillistas (Centro Comarcal do Carballiño)
10.00 h. Presentación do curso polos seus directores (José L. Legido, Avelino Muleiro, Lourdes Mourelle)
10.30 h. Onte e hoxe do termalismo Dr. D. Luis Rodríguez Míguez. Dr.de Medicina Preventiva e Saúde Publica
12.00 h. Aspectos médicos do termalismo Dr. Antonio Freire. Dto. Médico Balneario de Mondariz
15.00 h. Saída para o Balneario de Mondariz
16.00 h. Prácticas no Balneario de Mondariz. Envolvementos Dr. Antonio Freire. Dto. Médico Balneario de Mondariz
18.00 h. Química e termalismo Dr. José Antonio Rodríguez VázquezMartes, 10 de xullo:
10.00 h. Saída para o Balneario de Lobios
11.00 h. Augas e Termalismo Dra. Dolores Fernández Marcos. Dr. Médico do Balneario de Arnoia.
12.00 h. Cosmética e termalismo. Dra. Lourdes Mourelle
16.00 h. Prácticas balneario de Lobios Dra. Dolores Fernández Marcos.
18.00 h. Mesa redonda sobre Augas e barros José Luís Legido, Avelino Muleiro, Lourdes Mourelle.Mercores, 11 de xullo:
10.00 h. Saída para o Balneario de Guitiriz
11.00 h. Talasoterapia Dra. Rosa Meijide. Catedrática da Universidade de A Coruña
12.00 h. Ciencia e termalismo. Dr. José Luis Legido Soto. Universidade de Vigo
16.00 h. Prácticas no balneario de Guitiriz. Dra. Rosa Meijide. 18.00 h. Mesa redonda sobre ciencia e termalismo Dr. Dña. Isabel Carretero. Universidade de Sevilla Dr. D. Manuel Pozo. Universidade Autónoma de MadridXoves, 12 de xullo:
10.00 h. Saída para o Centro Talaso Atlántico
11.00 h. Odenación do sector do Turismo de saúde Representante da Dirección Xeral de Turismo
12.00 h. Termalismo en Galicia. Dna. Marisol Espiño, presidenta da Asociación de Balnearios de Galicia.
16.00 h. Prácticas Centro Talaso Atlántico. Dr. Lourdes Mourelle
18.00 h. Remate da xornada.
19.30 h. Clausura do curso e entrega de diplomas no casino do Carballiño.
09-07-2007: Algúns dos participantes no curso de termalismo,
no Balneario de Mondaríz, diante do
PALACIO DA AUGA.
fotos do curso de termalismo 2005
Cursos de termalismo no Carballiño
Carballiño é terra termal. Gran Balneario. Bañiño de Arcos. Balneario das Caldas de Partovia. Fonte termal de Brués... Orcellón: comarca rica en aguas termais.
AAno 2001. Avelino Muleiro García, ó fronte do Instituto de Estudios Carballiñeses, pon en marcha, en colaboración coa Universidade de Vigo, un curso de termalismo. O lugar de celebración é, ¡como non!, o Carballiño. Ten unha parte teórica (conferencias) e unha parte práctica (visitas a Balnearios).
Avelino ten entre as súas virtudes a da constancia. E por iso o curso non foi un froito fugaz e solitario. Non, senón que tivo continuidade. E seguiuse realizando cada ano, no mes de xullo, no Carballiño. Nos primeiros anos, no salón de actos do Casino. E nos seguintes anos, no Centro comarcal.
Cada ano o curso vai medrando. Os temas do curso varían de ano en ano. Pero sempre xiran arredor do termalismo. Fálase das augas, dos barros, da saúde termal, da estética, do ocio, do turismo... pero sempre sen perder de vista o eixe do termalismo.
Na parte teórica, hai conferencias de profesores de universidades, de médicos de balnearios, de científicos de recoñecido prestixio...
Na parte práctica, visítanse balnearios: Cuntis, A Toxa, Laias, Arnoia, Lobios, Mondariz, Talaso Atlántico, Carballiño, As Caldas de Partovia, Guitiriz... O percorrido varía duns anos a outros. E nos balnearios fanse diferentes prácticas. E incluso se fai un uso e disfrute das instalacións en moitos casos. E neste senso o curso ten tamén moito de ocio e de vacacións. Breves vacacións termais. Hai moi bo ambiente. E os asistentes quedan moi contentos.
O curso do ano
2007 leva por título "Termalismo: Ciencia e técnica".
O programa do curso é o que podedes ver nesta web. E os directores deste
curso son: José Luís Legido Soto, Avelino Muleiro García
e Mª. Lourdes Mourelle Mosqueira. Todos eles, xente marabillosa e grandes
amantes do termalismo. .
Agora, para contar un pouco de todo isto que se está facendo, poñemos en marcha esta web.
Temas dalgúns dos cursos de termalismo que se celebraron:
Ano 2001: Perspectivas actuais do termalismo
Ano 2002: Termalismo: saúde e ocio.
Ano 2003: Termalismo: novas formas de benestar.
Ano 2004: Termalismo: innovación e calidade.
Ano 2005: Termalismo: augas e barros.
Ano 2006: Termalismo: presente e futuro.
Ano 2007: Termalismo: Ciencia e técnica.
Links: webs.uvigo.es/termalismo