|
Galicias.com: unha casa para todos | |||||
Fotos de Galicia. A cor Viaauria.
Juan 29/02/2008 |
EXPOSICIÓN:
“A COR VIAAURIA”
Juan Rúa
C.H. de Ourense – Marzo de 2008
Hai moitas
cores: verde, azul,
encarnado... Pero a todas elas temos que engadir
agora unha nova: a cor
viaauria.
Nunha andaina de Viaauria, un día que
se puxo a chover, aprendín que tendo fe é posible mercar un
paraugas nun bar.
En Viaauria saben moito do poder da fe. Saben,
por exemplo, que tendo fe se pode conseguir que cento e pico persoas se levanten
o sábado antes das sete da mañá para ir camiñar.
En Viaauria saben que facendo as cousas con
fe e con amor se lle pode dar á vida de moita xente unha cor diferente,
a cor viaauria.
Para min o mundo é mais fermoso dende
que coñezo esta nova cor, dende que aprendín a mirar as persoas
e as cousas cunha ollada diferente, vendo nelas a cor viaauria.
Isto é o que trato de amosar nestas fotos:
algúns dos matices da cor viaauria.
"O que converte a vida nunha bendición non é facer o que nos gusta, senón que nos guste o que facemos" (GOETHE)
"No me resigno a que, cuando yo muera, siga el mundo como si yo no hubiera vivido" (Pedro Arrupe)
Engadir galicias.com a Favoritos
Benvid@, estás na túa casa