A Asociación Alvaro das Casas: algo da súa historia

O día 8 de marzo de 1.950 morreu en Barcelona DON ALVARO DE LAS CASAS BLANCO.

Cincuenta e dous anos despois, Xosé González Martinez ("argallante maior do reino") empezóu a darlle voltas á idea de arrincar do sartego gris do esquecemento colectivo a aquél home do que case naide sabía.

Don Alvaro casara con unha Ulloa e vivira parte da súa vida en Esposende, nun dos Pazos dos Ulloa. Alí, Xosé González topou a un rapaz novo, chamado Cándido, que é o dono actual do Pazo.

A Cándido pareceulle ben a idea de poñer gratuitamente o seu Pazo a disposición da xente que alí quixese reunirse para recuperar a figura e as ideas de Don Alvaro, e para facer algo por Galicia e polas Bisbarras do Ribeiro e do Arenteiro.

Xosé González xuntou de aquí e de alá un grupo de amigos. Empezáron a reunirse para darlle forma e corpo a aquela idea.

Unha das xuntanzas tuvo lugar o 7 de febreiro de 2003. Nela acordouse constituir a asociación Alvaro das Casas. Nomear a xunta directiva da mesma. Nomear presidente a Avelino Muleiro .... E convocar un acto solemne no Pazo dos Ulloa de Esposende para o día 8 de marzo de 2003, o día en que se cumplían 53 anos do falecemento de Don Alvaro.

O acto do 8 de marzo de 2003 foi todo un éxito. O sol saiu con ganas e reinou con cariño e autoridade no ceo de Esposende e de Galicia enteira. Asistíu un montón de xente. O salón do Pazo estaba cheo. Houbo discursos, emoción, ledicia, música, .... Foi un día inolvidable. Aquí podese ler o discurso que pronunciou ese día o Presidente da Asociación Alvaro das Casas, Avelino Muleiro.

Despois empezou o traballo. Xuntanzas no Pazo de Esposende para ir sementando ideas ... que agromaron en proxectos ... e que medraron ... chegando a convertirse en realidades e feitos.

Pasou o vrau e no mes de Outubro empezaron a recollerse os froitos:

-O 8 de Outubro empezou un Curso sobre o Viño.

-Os días 16, 17 e 18 de Outubro tuvo lugar un curso sobre Alvaro das Casas e os séus temas: Mocidade, escea, galeguismo, ecoloxía. Este curso estuvo organizado pola Asociación Alvaro das Casas, en colaboración co Vicerrectorado de Planificación e desenvolvemento do Campus de Ourense e coa Facultade de Ciencias da Educación. Contou coa colaboración da Excma. Deputación de Ourense e de varios Concellos da bisbarra. Tuvo unha duración de 30 horas. Asistiron arredor de 60 persoas.

O curso sobre Alvaro das Casas e os seus temas foi todo un éxito. As persoas que nil interviron pódense ver no programa. Ademáis de aprender moitas cousas, tamén houbo momentos nos que se xuntaron o aprendizaxe co lecer, como por exemplo na proxección en Allaríz da película "A lingoa das Bolboretas" e na mesa redonda que a seguíu, con intervención de Miguel Anxo Fernandez, José Luis Cuerda e Uxía Blanco. (Por certo, que Uxía, leva de primeiro o mesmo apelido que levou Don Alvaro de segundo: Blanco). Tamén houbo momentos de inesquecible lecer na visita guiada a Ridimoas. Aquí pódense ver algunhas fotos do curso.

 

O día 31 de outubro de 2003, tivo lugar en Esposende unha importante xuntanza da Directiva da Asociación Alvaro das Casas. Nela fíxose unha valoración moi positiva do Curso sobre Alvaro das Casas, facendo constar expresamente o agradecemento a Xosé Manuel Cid pola perfecta organización do Curso, e facendo constar tamén o agradecemento á Universidade polo seu eficaz apoio e o agradecemento ós Concellos e a tódalas persoas que dun xeito ou de outro colaboraron para que o Curso resultase todo un éxito.

Tamén se fixo unha valoración positiva da marcha que está tendo o Curso sobre o Viño.

E afondouse en novos poxectos, como o da organización da recuperación da memoria histórica do Ribeiro, e o de buscar un xeito de conmemorar a constitución da Asociación de Colleiteiros do Ribeiro, da que fora Presidente Don Alvaro.

Despois de varias horas de traballo intenso houbo tamén uns intres de lecer: lume, castañas, chourizos, viño, empanada, augardente e licor café, .... A verdade é que Cándido preparounos un bó magosto.

 

E, de momento, paramos aquí. Pero a Asociación sigue camiñando, e ainda nos agardan moitos momentos de ledicia. Xa vos iremos contando .... .