Galicias.com: unha casa para todos |
||||
Para os amigos de España, Arxentina, USA, Holanda, Brasil, Colombia, Australia, Portugal, Uruguai, Mexico, Chile, Perú, Venezuela, UK, República Dominicana, Francia, Alemania, Puerto Rico, Suiza, Costa Rica, Salvador, Italia, Guatemala, Canadá, Ecuador, Panamá, Andorra, Bolivia, Suecia, Nicaragua, Bélxica, Japón, Polonia, Cuba, Noruega, China, Paraguai, Honduras ... para todos... saúde, paz e
ledicia,
|
|||||
|
|||||
Espero a vosa colaboración para ir mellorando pouco a pouco esta web: podedes enviar fotos, e calesquera escritos ou ideas a este email: camba@ya.com. Discurso do Presidente, Avelino Muleiro Noticias de Prensa da Asociación O venres, día 4 de xullo de 2003, en Esposende, nova xuntanza de traballo da Asociación Alvaro das Casas. Todo vai moi ben. Vese ilusión na xente. E hai proxectos realmente importantes en marcha.. O día 26 de abril de 2003 houbo en Esposende unha nova xuntanza de traballo da Asociación Alvaro das Casas para programar o curso de Verán que se proxecta para principios de outubro, e para perfilar as bases dos premios de Medio Ambiente e de Artes Escénicas que outorgará a Asociación. Todo vai vento en popa. As persoas que están levando o peso do traballo estáno facendo moi ben. Xa se deron pasos moi importantes. E hai moi boas perspectivas. Xa está a Asociación rexistrada e con CIF. Contamos con un importante apoio financieiro privado dunha persoa que está disposta a poñer os cartos desinteresadamente do seu peto para financiar actividades e proxectos. E estamos buscando convenios e axudas en diferentes administracións. Está previsto que o curso de verán sexa avalado pola Universidade, e que nel participen persoas de gran solvencia. Asimesmo contamos con que do xurado dos premios que se van conceder formen parte persoas de recoñecido prestixio nos eidos correspondentes a tales premios. E ademais na Asociación entraron novas persoas que poden aportar moito á mesma. Realmente podemos estár contentos e ilusionados. ...... Xa perdín a conta de cantas xuntanzas de traballo levamos tido. Pero pouco a pouco vanse vendo os froitos e vanse materializando os proxectos. A Asociación Alvaro das Casas vai collendo pulo, e pouco a pouco vaise abrindo camiño na bisbarra do Ribeiro e do Arenteiro, coa vista posta en convertirse algún día nun referente cultural a nivel de Galicia enteira. HOXE É UN BO DIA PARA LOITAR TODOS POR UNHA GALICIA MELLOR E POR UN MUNDO MELLOR, ONDE NON HAXA GUERRA NIN INXUSTICIAS, ONDE HAXA COMIDA, PAZ, AMOR E FELICIDADE PARA TOD@S CONSTITUCIÓN DA ASOCIACION ALVARO DAS CASAS O sábado, día 8 de marzo de 2003, ás 13:00 tivo lugar no pazo dos Ulloa de Esposende, sito no Concello de Ribadavia, o acto de constitución solemne da Asociación Alvaro das Casas. Esta asociación pretende recuperar a figura do galego Alvaro das Casas e promover accións en defensa do Medio Ambiente e da Natureza, do Teatro galego e das artes escénicas en xeral, da mocidade, e a prol doutras cousas que tamén defendeu o Sr. Alvaro. O acto deu comezo ás 13:00 coa descuberta dunha placa na fachada do pazo. Acto seguido, na adega do pazo, Carmen foi presentando as intervencións de diversas persoas que falaron de Don Alvaro, das súas ideas e obras, e da súa galeguidade: -Xosé González -Avelino Muleiro - Modesto Hermida como representante do PEN Club -Xosé Reza- .... e outros moitos. Rematou o acto a intervención de Don Xosé Luis Baltar Pumar, Presidente da Deputación de Ourense. A música púxoa, moi ben posta por certo, a Coral do Casino do Carballiño. Despois, unha vez rematado o acto, degustamos un bó viño no propio Pazo. Despois xantamos, respirando galeguidade nunha tarde moi fermosa de sol, luz e ledicia por dentro e por fóra. Para saber outras cousas desta asociación pincha aquí:
|
|||||
O XOGOS
|
|||||
|
|||||
O meu. ![]() |
|||||
Contador | |||||
|